Home A Coruña O Concello de Boqueixón presenta a candidatura do Carballo de Gregorio para...

O Concello de Boqueixón presenta a candidatura do Carballo de Gregorio para ser a Árbore do Ano en España no 2023

- Anuncio -

O alcalde solicita o apoio a esta candidatura votando na web www.arbolybosquedelaño.es antes do 10 de decembro

O Carballo de Gregorio aspira a converterse na “Árbore de España 2023”. O Concello de Boqueixón presentou a candidatura desta magnífica árbore centenaria que preside a veiga de Sergude, no lugar de Rodiño Grande. Unha candidatura que foi aceptada pola organización Bosques sin Fronteras, que convoca este certame para significar e poñer en valor árbores que, por distintas características, son merecedoras dun recoñecemento e respecto social.

O alcalde, Manuel Fernández Munín, fai un chamamento á mobilización “non so da veciñanza de Boqueixón senón de todas as persoas que amamos a natureza a prol do Carballo de Gregorio, unha auténtica reliquia botánica vencellada tanto á capela de San Bieito de Sergude como ao Pico Sacro e toda a súa mitoloxía e lendas relacionadas co mito Xacobeo. Non en van, tanto peregrinos como camiñantes sempre se acolleron baixo a súa sobra e continúan facéndoo”.

Árbore con historia

O Carballo de Gregorio conta cunhas medidas impresionantes: cunha altura de 25,5 metros e un tronco cun perímetro de 4,27 metros. Descoñécese con exactitude a data da súa orixe, se ben se calcula que ten arredor de 110 anos. Dende sempre estivo vencellado ao seu propietario, José Torres, da Casa de Secundino. De feito, a árbore toma o seu nome da antiga taberna que había no lugar: Casa de Gregorio.

O seu arraigamento entre a veciñanza é tal, que durante o século pasado arraigou un peculiar ritual na zona: a veciñanza soterraba aló aos seus animais domésticos falecidos nun intento de darlle forzas e impulsar o seu crecemento. Non en van, esta xoia botánica de Boqueixón ten superado moitos problemas ao longo da súa existencia. En primeiro lugar, por estar emprazado nun antigo camiño, ao pé dunha estrada. Isto fixo que a súa base se vira afectada tanto polo asfalto como pola beirarrúa que o rodea. Incluso o seu propietario tivo que pleitear para evitar a súa corta. Con todo, non puido evitar que anos máis tarde se lle cortaran varias pólas durante a construción da Alta Velocidade Ferroviaria, pois o seu tamaño era tan grande que impedía o paso aos vehículos co material de construción dos viadutos.

Votacións

Unha vez superada a fase de selección por parte do xurado de Bosques sin Fronteras, o Carballo de Gregorio competirá pola distinción como “Árbore de España 2023” con: o Carballo de Cornellana (Asturias), o Castiñeiro do Tío Trazas Los Santos (Salamanca), o Olmo de Montaña de El Rasillo (La Rioja), o Moral de Villoviado (Burgos), o Carballo de Santa Margarita (Pontevedra), o Piñeiro Gordo de Vilafor de Chasna (Santa Cruz de Tenerife), a Aciñeira do Monte de la Redonda (Cantabria) e o Plataneiro Biar Biar (Comunidade Valenciana).

Dende hoxe, xoves 10 de novembro e ata o vindeiro 10 de decembro, abrirase a votación en www.arbolybosquedelaño.es. Para votar polo Carballo de Gregorio é preciso entrar no apartado “Votar”, onde haberá que marcar a opción da árbore de Boqueixón, elixir tamén un dos dous bosques aspirantes e aceptar as bases do concurso. Así mesmo, haberá que achegar un e-mail válido, pois a ese correo chegará unha mensaxe do “Concurso Árbol y Bosque del Año” onde haberá que entrar e facer click para confirmar o voto.

Só se admitirá 1 voto por conta de correo e 5 votacións por dirección IP do ordenador. Bosques sin Fronteras dará a coñecer a árbore gañadora o vindeiro 20 de decembro.

Relacionadas

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á...

O Concello mantén as súas tres bandeiras azuis, traballa na potenciación dos seus servizos...

0
 “O equipo de goberno do Concello de Ponteceso agradece esta boa valoración, pero non se conforma”, sinala o alcalde  Niñóns, que non dispón...

Hércules de Edicións publica “Noites confinadas”: unha viaxe estética e reflexiva pola natureza e...

0
· A visión conxunta de Chema Mesías, Ilduara Penas Antelo e David Catá: unha chamada á conciencia e a acción por un futuro sostible. ·...

Grande éxito das Olimpíadas Científicas no Colexio Luis Seoane

0
O CEIP Luis Seone celebrou esta mañá unhas Olimpíadas Científicas para conmemorar o Día da Ciencia. O alumnado amosou os proxectos científicos que desenvolveron...

Laxe contará un ano máis cunha Bandeira Azul na súa praia urbana

0
• A Adeac anunciou hoxe os areais que contan con este distintivo, entre os que se encontra a Praia de Laxe • Desde o Concello...

Publicacións Relacionadas