Esta actividade de dinamización social, cultural, musical e relixiosa consolídase como unha cita obrigada no mes de novembro
Medio cento de postos de exposición confirmaron xa a súa presenza na III Romaría Mercado Artesanal de San Martiño de Penalba organizado polo cura párroco Fermín Santiago Iglesias e a Unidad Pastoral de Campo Lameiro e que terá lugar este domingo día 13 de novembro a partir das 10 horas da mañá.
Para garantir a confortabilidade dos asistentes a este evento, a organización ten previsto instalar unha carpa xigante que dea acubillo tanto ao público como aos expositores neste encontro coa artesanía, a música, o polbo á feira e o churrasco para festexar a San Martiño e para reactivar e dinamizar a actividade social do municipio e arredores.
A xornada contempla unha parte adicada á súa vertente relixiosa con dúas misas rezadas, ás 10 e ás 11 horas da mañá, mentras que a misa cantada terá lugar ás 12:30 horas na capela de San Antonio de Penalba, lugar que concentrará toda a actividade festiva e relixiosa do domingo 13 de novembro.
RIFAS E SORTEOS DE ESTANCIAS EN BALNEARIOS E LOTERÍA DE NADAL
Pola súa banda o mercado artesanal, que abrirá ao público ás 10 horas da maña, contará cuns 50 expositores que amosarán baixo unha carpa xigante instalada na explanada da área recreativa de San Antonio de Penalba, en Campo Lameiro, as súas creacións e mercadurías
relacionadas cos xoguetes de madeira, bisutería, queixos, especias, produtos gourmet do Bierzo, pan e doces, gofres, plantas, cestería en mimbre, ganchillo, torno de madeira, bonecos de tea, lámpadas, zocos, mel, pandeiretas, antigüidades, complementos infantís, cosmética natural, roupa vintage, libros, xabóns, morteiros, produtos galo celta, bolsos, etc.
Nesta ocasión, a organización ten previsto vender unha serie de rifas a 2 euros cada unha para axudar nos gastos que se produzan na celebración deste evento. Sortéanse un total de 4 premios que van desde accesos a balnearios de Allariz e Cuntis ata décimos da Lotería de Nadal e produtos galegos. Colaboran con esta iniciativa de dinamización rural, ademáis do Concello, o Campo Lameiro CD así como Termas de Cuntis, Oca Hotels e Mapfre.
Para amenizar a xornada, está previsto que o dúo Caché protagonice a sesión vermú que servirá para animar aos asistentes a gozar dos postos de xantar habilitados pola organización, especialmente o bar, o polbo á feira e o churrasco facilitado pola coñecida e afamada Pulpería A Fuchela.
A sesión musical da tarde correrá a cargo do debandito dúo Caché e o Dj Jorge Álvarez que animarán aos asistentes a pasar unha xornada divertida animando á concurrencia a disfrutar do baile tanto tradicional como os ritmos máis actuais.



