A Casa do Concello de Pontecesures acollerá mañá venres 11 de novembro, ás 20:00 horas, unha charla informativa sobre autodefensa bancaria, organizada pola asociación de consumidores e amas de casa “O Noso Lar” de Vilagarcía en colaboración co Concello de Pontecesures. Unha xornada de acceso libre e de balde. Durante a charla falarase dos riscos da nova banca dixital, do correcto uso das tarxetas e novos sistemas de pago ou que puntos valorar á hora de solicitar un crédito hipotecario, entre outras, así como responder ás dúbidas dos veciños e veciñas que asistan.
Esta é a segunda charla que imparte este mes en Pontecesures a asociación de consumidores e amas de casa “O Noso Lar” de Vilagarcía, despois do éxito da xornada celebrada o pasado venres 4 de novembro sobre a factura eléctrica.



