HomeVigoPazos de BorbénO concello de Pazos de Borbén e a Deputaciónd de Pontevedra acordan...

O concello de Pazos de Borbén e a Deputaciónd de Pontevedra acordan o proxecto final da primeira fase de reforma da EP2702

- Anuncio -spot_img
  • Coas últimas modificacións conseguiuse reducir a cantidade de terreo que os veciños necesitan ceder para acometer a mellora
  • O Concello de Pazos de Borbén e a Deputación de Pontevedra acordaron as últimas modificacións do proxecto de reforma da estrada provincial Amoedo-Vos Valos. Variacións que foron solicitadas polo goberno local para “ocasionar as mínimas molestias posibles aos veciños que ceden parte dos seus terreos”, explicou o alcalde, Andrés Iglesias.
  • Así, segundo indicou o rexedor, con estas modificacións inclúese a construción de varios muros de contención que permitirán reducir a cantidade de terreo que os veciños necesitan ceder para acometer a mellora. “Hai veciños que apenas necesitan ceder tiras de poucos centímetros de ancho, pero outros mesmo superan os 500 metros cadrados. Xa que ceden voluntariamente os seus terreos o xusto é que a mellora teña o menor impacto posible nas súas propiedades”, indicou Iglesias.
  • Do mesmo xeito, o alcalde indicou que o Concello xa dispón da cesión da maioría das parcelas afectadas salvo as que están incluídas na última modificación do proxecto ao non coñecerse ata o de agora a cantidade definitiva de superficie necesaria. “Nos próximos días procederemos a concretar cos propietarios a cesión coa superficie correcta para poder comezar canto antes a executar o proxecto”, concluíu o edil.

Publicacións Relacionadas