Home Lugo A Mariña Occidental Alcaldía dille agora a Míriam Bermúdez, que amañará a estrada das Pallaregas

Alcaldía dille agora a Míriam Bermúdez, que amañará a estrada das Pallaregas

- Anuncio -

Míriam Bermúdez levou neste último pleno o arranxo da estrada principal das Pallaregas, prometida por María Loureiro para, un mes máis tarde o seu concelleiro de obras do PSOE, afirmar que non se ía amañar por falta presupostaria.

As preguntas da voceira do BNG foron claras: “que pasou con esa achega que se afirmou que ía ser destinada para arranxar estas estradas das Pallaregas? onde vai ese importe que se supoñía que eran exclusivos para esta obra?”

Despois da intervención de Míriam Bermúdez, o PSOE dixo que era mentira a información que lle proporcionaron ao BNG e que se ía amañar esta estrada, aínda que a realidade é que as máquinas alí estiveron arranxando outros viais e agora non están, deixando o vial vertebrador das Pallaregas sen amañar.

“Resulta curioso que despois de estar arranxando varios viais das Pallaregas, agora coa maquinaria noutro lugar, decidan de novo volver, atrasando esta obra e tamén outras, creando un gasto en tempo e diñeiro no transporte da maquinaria innecesario” incide Míriam Bermúdez.

“Aínda que tarde, agardamos que polo menos retomen as obras nesta estrada das Pallaregas, e a poder ser, aproveiten para repasar outras masas asfálticas, pois non é a única estrada do lugar que necesita de mantementos”, rematou Míriam Bermúdez.

Relacionadas

Fillas de Cassandra actuará na VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz

0
• O coñecido dúo galego, formado polas viguesas María Pérez e Sara Faro, estará o 2 de xuño no Campo da Feira. • Nos próximos...

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

Publicacións Relacionadas