HomeOurenseOurenseO Concello inicia obras de humanización en dous cruzamentos da Avenida da...

O Concello inicia obras de humanización en dous cruzamentos da Avenida da Habana

- Anuncio -spot_img

A actuación piloto nas interseccións con Ramón Cabanillas e Valle Inclán consiste na instalación de xardineiras con vexetación para mellorar a seguridade viaria e embelecer a cidade.

O Concello de Ourense iniciou esta semana a execución de obras de humanización nos cruzamentos da Avenida da Habana coas rúas Ramón Cabanillas e Valle Inclán. Estímase que a execución dos traballos prolongarase durante 1 mes.

Trátase dun proxecto piloto que se estenderá a outras zonas da cidade no caso de ter boa aceptación, cuxa finalidade é humanizar a rúa, á vez que se mellora a seguridade viaria separando o tránsito de peóns e vehículos en zonas con tráfico elevado. As xardineiras substituirán o valado de protección existente actualmente nalgunhas das esquinas. A actuación integrará as árbores existentes, cuxos alcorques se atopan en mal estado e supoñen unha barreira á accesibilidade universal. Tamén se instalará rega por goteo para un mellor mantemento da vexetación.

As obras terán escasa incidencia no tráfico rodado, xa que se intervén exclusivamente nos bordos da beirarrúa, fóra da calzada. Rógase extremar a precaución e reducir a velocidade ao circular polo tramo afectado.

Publicacións Relacionadas