Home A Paradanta A Cañiza Miguel Domínguez, candidato do Partido Popular á alcaldía da Cañiza

Miguel Domínguez, candidato do Partido Popular á alcaldía da Cañiza

- Anuncio -

• Luis López sinala que “é momento de que o concello recupere un alcalde da Cañiza para a xente da Cañiza, un alcalde que viva, sinta e se desviva por este concello”.

Miguel Domínguez Alfonso será o candidato do Partido Popular á alcaldía da Cañiza nas eleccións municipais de maio. O voceiro popular, arroupado polo presidente provincial, Luis López, e a secretaria xeral do partido, Luisa Piñeiro, anunciou esta tarde a súa candidatura ante a xunta local do PP, afiliados e simpatizantes.

“Hoxe comeza o cambio que tanto necesita A Cañiza”, sinalou o candidato, quen di que se presenta por tres motivos: “en 2019 gañamos as eleccións, e síntome con forza e lexitimado para intentar recuperar a alcaldía. Teño a experiencia de oito anos de Goberno, pero tamén estes catro anos na oposición, que me permitiron ter unha visión global, recoñecendo os acertos pero sobre todo os erros. E quero ao meu concello, e por iso dóeme ver a parálise destes anos, e os investimentos e as oportunidades que se perderon pola incompetencia do alcalde”.

Para conseguir a confianza maioritaria dos veciños, Domínguez dixo que seguirá traballando co mesmo compromiso e dedicación que estes meses e contará cunha candidatura renovada, con representación de todas as parroquias e sectores. “O mellor equipo para gobernar A Cañiza desde o minuto un”. Ademais, sinalou que están renovando a xunta local, con novos coordinadores, responsables por parroquias e outros cargos do partido, que se irán coñecendo nos próximos días.

Pola súa parte, Luis López recordou que A Cañiza é un dos doce concellos da provincia nos que o PP gañou as eleccións en 2019 pero que os seus gobernos locais “levan máis de tres anos repartidos, e moi mal xestionados, entre os perdedores das municipais”. Por iso, engadiu, “é momento de que o concello recupere un alcalde da Cañiza para a xente da Cañiza, un alcalde que viva, sinta e se desviva por este concello”.

Nesta liña, puxo en valor todo o traballo feito por Miguel nestes anos na oposición. “Non é sinxelo estar na oposición e manter este nivel de compromiso e de constancia, e por iso é de agradecer o traballo constante, intenso e con centos de horas de dedicación do candidato e do grupo municipal”.

A diferencia de hoxe con 2019, engadiu, é que os veciños xa teñen experiencia e poden comparar entre dous modelos de Goberno e de compromiso, “e as dificultades que estamos atravesando poñen de relieve que é importante contar con Gobernos sólidos, estables e comprometidos, e o Partido Popular sempre é unha garantía de crecemento e de estabilidade”.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas