HomeO MorrazoMarínListo o novo apacardoiro público gratuito no Chan do Monte e o...

Listo o novo apacardoiro público gratuito no Chan do Monte e o San Narciso, que abrirá o luns

- Anuncio -spot_img

O Concello acondicionou unha parcela de 1.200 metros cadrados, coa que se dota a ambas infraestruturas educativas deste servizo, sobre todo pensando en todas as disciplinas de FP que se nimparten e na gran cantidade de alumnado que aglutinan ambos centros

A alcaldesa, María Ramallo, acompañou este venres aos directores e representantes das comunidades educativas do IES Chan do Monte e do colexio San Narciso ao novo aparcadoiro público gratuito que se habilitou, cunha extensión de 1.200 metros cadrados e unha capacidade aproximada para o estacionameto de 50 vehículos.

Tal e como lles trasladou a rexedora, o aparcadoiro estará dispoñible para o seu uso a partir do luns. O Gobierno local segue, desta maneira, dotando aos distintos puntos do termo municipal de espazos nos que poder ofrecer aparcadoiro gratuito.

Neste caso, con esta posta a punto da parcela, conséguese que practicamente todos os centros educativos da vila teñan asociado un parking público para dar este servizo aos seus usuarios.

Ademais, cúbrese a demanda de estacionamento que xeran os cursos de FP que imparten ambos centros, nos que moito alumnado, pola súa idade, acude en coche.

No que respecta ao casco urbano, desde o Goberno municipal séguese a buscar alternativas de ordenación do estacionamento que permitan integrar os dous obxectivos de mobilidade que persegue Marín: mellorar o espazo para dotalo de áreas máis peatonalizadas e seguir ofrecendo opcións de estacionamento abondo para cubrir a demanda.

Publicacións Relacionadas