Home A Coruña A Xunta inicia este luns traballos de roza e limpeza nas marxes...

A Xunta inicia este luns traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas nas comarcas de Coruña e de Meira

- Anuncio -

― As novas intervencións realizaranse na vía de altas prestacións VG-1.3 ao paso polos municipios de Oleiros, Cambre e Sada; e na LU-751, nos concellos de Ribeira de Piquín e Meira

― Proseguirán os traballos na OU-212 ao seu paso por Beariz, Avión, Leiro, Carballeda de Avia e Beade; na OU-113, en Verín e Vilar de Barrio; e na CG-2.1, en Monforte, Pantón e no Saviñao

― Continuarán tamén as rozas en distintos tramos da AG-46, CG-4.1, VG-4.6 e VG-4.5, en Moaña e Cangas; e na estrada PO-504, na rotonda do Vinquiño, en Sanxenxo

― Con esta nova encomenda a Seaga, desde o ano 2018 a Xunta leva investidos 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas da súa competencia

A Xunta iniciará o luns traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas nas comarcas da Coruña e de Meira.

As intervencións realizaranse, concretamente, na vía de altas prestacións VG-1.3, ao paso polos municipios de Oleiros, Cambre e Sada; e na LU-751, nos concellos de Ribeira de Piquín e Meira.
A próxima semana continuarán tamén estas actuacións de limpeza na provincia de Ourense: na estrada OU-212 ao seu paso por Beariz, Avión, Leiro, Carballeda de Avia e Beade; ou na OU-113, en Verín e Vilar de Barrio.

Tamén, proseguirán os labores iniciados na AC-566, en Cedeira; ou na vía de altas prestacións CG-2.1, nos municipios lucenses de Monforte, Pantón e O Saviñao.

Na provincia de Pontevedra proseguirán as rozas iniciadas nas pasadas semanas na VG-4.6 e VG-4.5, en Moaña e Cangas; e na estrada PO-504, na rotonda do Vinquiño, en Sanxenxo.

Conservación nas estradas autonómicas
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acomete estas actuacións no marco do contrato coa empresa pública Seaga, por importe de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas de titularidade autonómica para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.
Estas novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán, nesta nova encomenda, a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.

Ademais, retiraranse máis de 5.600 árbores situadas no dominio público das estradas, susceptibles de provocar lumes ou de supoñer un risco de caída na calzada. Tamén se levará a cabo a reparación de 22.500 metros lineais de valado dos noiros perimetrais das estradas.

Como novidade na encomenda de 2022, prevese a reposición de 7.500 metros de valado en vías de alta capacidade que se poida danar nos labores de despexe ou roza. A reposición realizarase con valado reforzado para aumentar a protección da estrada fronte á entrada de animais.

Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 lévanse investidos 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas