Home O Salnés Meis A Asamblea Local do BNG de Meis aproba por unanimidade a candidatura...

A Asamblea Local do BNG de Meis aproba por unanimidade a candidatura de Xoán Manuel Vazquez á alcaldía e os tres seguitentes postos da lista

- Anuncio -

O Bloque Nacionalista Galego de Meis aprobou por unanimidade a candidatura de Xoán Manuel Vázquez Sevillano á Alcaldía de Meis, que irá seguido na lista por Sandra Carballa Vázquez, Serafín Melón Graña e Sandra Fariña Vilanova.

Xoán Manuel Vázquez repetirá como candidato, cunha organización totalmente cohesionada, para seguir avanzando en Meis buscando un cambio nas formas de facer política que só pode vir da man dunha Alcaldía do BNG.

Acompañarano nesta labor, Sandra Carballa, Presidenta da Asociación o Xaramelo que organiza a exitosa feira de sementes no Concello de Meis, tamén estará para contribuír neste avance Serafín Melón, Presidente da Comunidade de Montes da Armenteira, que tamén foi Presidente do Club de fútbol da Armenteira e membro da comisión de festas, finalmente aprobouse tamén para a lista do BNG a Sandra Fariña, vogal da Comunidade de Montes de San Salvador.

Con estas primeiras persoas aprobadas pola Asemblea Local, o BNG amosa unha lista con xente que coñece moi ben o Concello, e que traballa cóbado con cóbado coa cidadanía desde os máis diferentes ámbitos.

Desde o BNG temos ideas e proxecto para Meis, sabemos das necesidades da nosa veciñanza que precisa servizos e infraestruturas que permitan desenvolver unha vida plena no noso Concello, así propuxemos o plan de mobilidade con tres eixos fundamentais, mellora do transporte, taxi a demanda e sendas peonís e para bici, igualmente outra das nosas propostas consiste en aproveitar as festas de Meis, desde Paradela á Armenteira e todas as Igrexas románicas, ambientes naturais e monumentos megalíticos para facer unhas rutas veciñais e turísticas que fagan de Meis un referente mundial. Propoñemos tamén a descentralización das actividades culturais e sociais que se realizan no noso concello levándoas a todas as parroquias, temos aprobado polo Pleno do concello unha moción para levar a cabo o proxecto para o CPI do colexio do Mosteiro e o seu entorno que mellorará a seguridade das persoas e do alumnado e porá en valor a zona ou actuacións que levamos solicitando nos últimos tempos en estradas, infraestruturas e camiños de todas as parroquias.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas