• Volve a Arbo, o Mercadillo Solidario de Nadal os días 10 e 11 de decembro.
• A participación no mercadillo e gratuíto e poderán participár as persoas, autónomos, asociacións, ONGs ou colectivos que manifesten o seu interese e o soliciten o Concello de Arbo.
Arbonadal é un evento organizado polo Concello de Arbo, volve o Concello de Arbo, ós días 10 e 11 de decembro.
Con esta actividade pretendese promocionar e potenciar os recursos culturais e patrimoniais da nosa vila, dirixida a artesáns, anticuarios, asociacións, ONGs e establecementos comerciais.
As persoas, autónomos, empresas, Asociacións, ONGS, que desexen participar deberán cubrir o modelo de Inscrición facilitado polo Concello e deberán especificar na mesma, como condición indispensable para adxudicar os espazos, o tipo de produto a expoñer e vender, o nome da asociación, cooperativa, ONG…, así como os metros cadrados necesarios para a colocación do posto, nome comercial e representante.
Todos os participantes que o desexen poderán realizar demostracións dos seus respectivos produtos no seus postos, co fin de que o público asistente coñeza as técnicas de elaboración, previa comunicación a organización para facelo constar no programa e establecer os horarios no caso de existir varias demostracións ou charlas.
A participación “ArboNadal 2022 – Mercadillo Solidario de Nadal” ten carácter gratuíta.
Máis información nas redes sociais do Concello de Arbo, a través do correo electronico oficinas.concellodearbo@gmail.com ou no telefono 986 66 50 00
O Prazo de Presentación das solicitudes de participación remata o día 30 de novembro



