HomePontevedraDomínguez relaciona o estado de sucidade da cidade cunha xestión municipal neglixente:...

Domínguez relaciona o estado de sucidade da cidade cunha xestión municipal neglixente: “A situación nalgúns puntos é de abandono”

- Anuncio -spot_img

• O presidente do Partido Popular de Pontevedra mantén que a cidade está sucia, “con contedores cheos que xa desbordan no centro e cunha recollida de lixos no municipio que desde logo non é suficiente”

• O popular sostén que tanto nos barrios como no rural hai puntos que xa se converteron en vertedoiros, a pesar de que desde o PP xa se denunciaron os mesmos. Ademais, advirte da proliferación de roedores

• Domínguez, aínda sendo un problema que afecta a toda a cidade, referiuse a zonas concretas: A Parda, Monte Porreiro, Mollavao, Lérez, Praceres, Campolongo, Barcelos ou Benito Corbal, entre outras moitas

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, compareceu este martes para analizar o estado de sucidade da cidade, derivado dunha “xestión municipal neglixente”. “A cidade está sucia, con contedores cheos que xa desbordan no centro e cunha recollida de lixos no municipio que desde logo non é suficiente”, explicou o popular, que sostén que tanto nos barrios como no rural hai puntos que xa se converteron en “auténticas entulleiras”, pese de que tanto o PP como os veciños xa denunciaron os mesmos.

Ademais, Domínguez referiuse aos parques e xardíns da cidade, “os cales, en xeral, non cumpren os mínimos requisitos e estándares de cidadáns, cando non están directamente abandonados”. “Todo isto é froito dunha xestión absolutamente neglixente por parte do Goberno local: tanto a responsables da área de limpeza como os da área de parques e xardíns”.

“A limpeza en Pontevedra non está ao nivel que se lle espera. Persoalmente, dáme moita pena. Non é admisible que a cidade estea sucia e nestas condicións”, dixo o popular.

Domínguez, aínda sendo un problema que afecta a todo o municipio, referiuse a zonas concretas: A Parda, Monte Porreiro, Mollavao, Lérez, Praceres, Campolongo, Barcelos ou Benito Corbal, entre outras moitas. Mesmo, o popular fixo referencia ao Centro histórico. Nesta liña, o popular fixo referencia a dous informes independentes que sitúan a Pontevedra como a segunda cidade de España coa taxa de lixos máis cara: “Co bonita que é a nosa cidade, é unha pena que estea de así de sucia cando pagamos o que pagamos”.

O popular fixo referencia ao elevado número de denuncias e chamadas que recibiu nos últimos meses relacionadas coa presenza de ratas na nosa cidade. Concretamente, Domínguez fixo sinalado tres puntos na Parda, denuncias que xa foron transmitidas ao Concello “e que aínda non foron resoltas”. Tamén fixo referencia a estes roedores en Lérez, na Seca ou en Monte Porreiro.

“Non é admisible que Pontevedra estea así”, recoñeceu o popular. “Atopámonos cunha cidade sucia, onde os contedores están cheos e desbordados, cunha recollida de lixos insuficiente e con entulleiras que non se controlan nin eliminan”, resumiu Domínguez.

Publicacións Relacionadas