HomePontevedraA urxente intervención da Policía Local salva a vida dunha cativa de...

A urxente intervención da Policía Local salva a vida dunha cativa de 21 meses

- Anuncio -spot_img

A nai e a avoa pararon na Xefatura da Policía Local xa que a nena non reaccionaba a ningún estímulo pola elevada febre.

A Policía Local atendeu o pasado sábado a unha cativa de 21 meses, á que trasladaron ao Hospital Provincial en estado moi grave, xa que non reaccionaba a estímulos pola elevada febre.

Segundo explica o informe policial, arredor das 05.30 horas do sábado 12 de novembro, axentes da Policía Local detectaron un vehículo circulando a gran velocidade nas inmediacións da Ponte dos Tirantes. O coche para diante da Xefatura da Policía Local e baixa unha muller moi alterada que, a berros, advirte que a súa filla está morta. Trátase dunha nena de 21 meses que estaba nos brazos da súa avoa no asento traseiro do vehículo, e non reaccionaba a ningún estímulo, aínda que tiña pulso.

Ante a situación, mentres inician as manobras de reanimación, os axentes collen á nena e trasládana ás urxencias do Complexo Hospitalario, onde os facultativos conseguen reanimala. Os axentes permaneceron alí até que a nena conseguiu estabilizarse, e ate que achegáronse a nai e á avoa que permaneceran na Xefatura en estado de ansiedade.

Segundo relataron, a nena presentou un cadro febril na tarde anterior que se agravou durante a noite. Cando pasaron polas inmediacións da Xefatura da Policía Local, viron as luces dun coche patrulla e pararon pedindo axuda.

Publicacións Relacionadas