Home A Coruña Galicia acolle a terceira edición do Programa #OlympeEmprende co obxectivo de fomentar...

Galicia acolle a terceira edición do Programa #OlympeEmprende co obxectivo de fomentar o emprendemento cooperativo liderado por mulleres

- Anuncio -

O programa #OlympeEmprende é un recurso completo e innovador ao servicio de mulleres emprendedoras que queren arrancar unha iniciativa de economía social e solidaria con impacto ou que constituirán unha cooperativa durante o 2021-2022 en Galicia para reforzar o liderado en feminino

Para isto ofrece durante o ano 2023 a 15 mulleres, de xeito gratuíto, un itinerario de formación, sesións de intercooperación, tours de emprendemento, webinars e acompañamento estratéxico, territorial e de competencias para o impulso de ideas de negocio con impacto na comunidade.

Premio económico de ate un máximo 3.000€ para a constitución de cooperativas.O Programa #OlympeEmprende forma parte da convocatoria POISES de CEPES, cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

O Programa #OlympeEmprende liderado por Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop é unha iniciativa que apoiará o emprendemento en feminino con valores e principios de economía social e solidaria en Galicia a través da formación con perspectiva de xénero, o acompañamento individual e colectivo e a conexión de experiencias emprendedoras a nivel local.

O Programa #OlympeEmprende seleccionará iniciativas de Galicia, unha rexión con moito potencial na economía social e no emprendemento en feminino. #OlympeEmprende vai dirixido a todas aquelas iniciativas emprendedoras galegas lideradas por mulleres que estean arraigadas no territorio, que practiquen a intercooperación, garanten a democracia interna, incorporen a economía e o coidado feminista nas súas prácticas, promovan a diversidade na composición e participación e teñan en conta o impacto ambiental da súa actividade. En definitiva, proxectos que poñen ás persoas no centro da súa actividade.

OlympeEmprende ofrecerá formación, acompañamento individual e colectivo, webinars, tours de emprendemento, sesións de intercooperación e a posibilidade de optar a un premio económico ás mellores iniciativas que permita dar un soporte á constitución de cooperativas no territorio lideradas por mulleres. O programa realizarase de xaneiro a xuño (2023), e valorará que as iniciativas teñan entre os seu obxectivos a consecución dun impacto social (como por exemplo a mellora do benestar do ser humano e a equidade social).

Pódense presentar iniciativas colectivas que se atopen nuhna fase inicial (ideas de negocio que non se iniciasen e que se atopen nunha fase de desenvolvemento mínima, sen necesidade de que se definise ningún modelo de negocio).

O período de presentación de solicitudes a través do formulario de inscrición comeza o 19 de setembro e amplíase ata o 27 de novembro de 2022 ás 23:59 horas (hora peninsular).

Formación e acompañamento individual e colectivo

Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop auspiciarán e formarán de xeito virtual aqueles proxectos seleccionados explicando o concepto de empresa da economía social e solidaria, modelos de negocio, marketing e comercialización ou fontes de financiación alternativas. E ao mesmo tempo levarase a cabo un acompañamento individual e colectivo de xeito virtual dos proxectos para axudar nas necesidades específicas de cada proxecto emprendedor.

O programa #OlympeEmprende pretende honrar a memoria de Olympe de Gouges, revolucionaria esquecida. Defendeu a igualdade entre o home e a muller en todos os aspectos da vida pública e privada e en 1791 redactou a Declaración dos Dereitos da Muller e a Cidadá. O programa quere ser un compromiso coa igualdade a través de fomentar a creación dun programa que de soporte á creación de novas cooperativas lideradas por mulleres que fomenten a transformación.

OlympeEmprende forma parte da convocatoria #POISES, promovida por CEPES actúa como Organismo Intermedio do Programa Operativo Empleo, Formación y Educación (POEFE) do Fondo Social Europeo (FSE). Todas as accións son gratuítas e cofinanciadas polo FSE para conseguir formación e emprego de calidade.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

O Concello de Neda rendeu tributo a todas as nais do municipio, agasallando a...

0
Unha Casa da cultura ateigada acollía onte venres á noitiña a primeira edición do Festival Día da Nai, unha emotiva homenaxe a todas as...

O público da Pobra asiste á estrea de María Fernández Sandoica como escritora

0
Un poemario dividido en tres partes que explora a temática amorosa dende Romper(nos), pasando por Reconstruir(nos) ata Amar(nos). María Fernández Sandoica expresa en Todo...

Publicacións Relacionadas