HomeDeputaciónsDeputación OurenseO investigador Javier Jurado entrega á Biblioteca Provincial unha copia da súa...

O investigador Javier Jurado entrega á Biblioteca Provincial unha copia da súa tese doutoral sobre o Mestre Vide

- Anuncio -spot_img

O investigador Javier Jurado entregou esta mañá unha copia da súa tese doutoral adicada ao Mestre Vide á Biblioteca da Deputación de Ourense.

O vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, e a directora da Biblioteca Provincial, Isabel Almuiña, recibiron ao investigador, que leva dende os anos 90 investigando a música de Vide co apoio da Deputación de Ourense, publicando varios libros e unha partitura da súa música.

Na súa carreira académica, Javier Jurado ten desenvolvido traballos arredor dos compositores Ángel Rodulfo e Bernardo del Río, ademais da zarzuela galega, temática protagonista da súa primeira tese doutoral, que acompaña agora con este estudo adicado ao organista e compositor ourensán José Fernández Vide (1893-1981).

Publicacións Relacionadas