HomePontevedraO SalnésO xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e o...

O xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e o alcalde de Poio analizaron diverssas casuísticas e previsións sanitarias nesta localidade

- Anuncio -spot_img
  • José Flores sinalou hoxe en Montecelo ao alcalde Luciano Sobral que, aínda que se están a cobrer con substitucións ausencias de efectivos asistenciais neste Concello, a Área Sanitaria ofertará a cobertura da totalidade de prazas de Medicina Familiar e Pediatría de Atención Primaria en Poio cara a consolidar a continuidade asistencial
  • O xerente da Área e o rexedor poiense tamén conversaron sobre a continuidade de xestións do consistorio para poñer a disposición da Xunta unha parcela viable dentro do municipio para a construción dun novo centro de saúde

O xerente da Àrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o doutor José Flores Arias, mantivo esta mañá no hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra unha xuntanza técnica co rexedor do Concello de Poio, Luciano Sobral na que, acompañados pola concelleira de Sanidade desta localidade, Marga Caldas e a directora de procesos de soporte, Maica Val Sanlés, analizáronse diversas casuísticas e previsións sanitarias nesta localidade.

José Flores Arias sinalou ao rexedor poiense que, aínda que se están a cobrer con substitucións ausencias de efectivos asistenciais neste Concello, a Área Sanitaria vai ofertar a cobertura da totalidade de prazas de Medicina Familiar e Pediatría de Atención Primaria do Sergas en Poio, cara a consolidar a continuidade asistencial.

Xestións para a parcela do futuro centro de saúde
No transcurso deste encontro -que da continuidade á relación entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais en materia sanitaria- o doutor José Flores e o alcalde Luciano Sobral tamén conversaron sobre a continuidade de xestións do Concello de Poio para poñer a disposición da Xunta unha parcela viable coa edificabilidade suficiente dentro do municipio para a construción dun novo centro de saúde.

Neste senso, o Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria contempla na súa fase 1 a construción dun novo centro de saúde en Poio cun espazo estimado de 2.289 m² que inclúa novos espazos non existentes ata agora nas súas infraestruturas sanitarias, tales coma a área de Fisioterapia -con consulta e ximnasio- ou unha área de saúde bucodental con consultas de odontoloxía e de hixiene dental, así como un despacho para traballo social.

O incremento da superficie tamén permitirá que o novo centro conte con sala polivalente, sala de técnicas, consulta de docencia, despacho de coordinación ou salas de xuntas e de estar para os profesionais.

Publicacións Relacionadas