Home Ourense A Peroxa A Xunta e o concello da Peroxa investirán máis de 177.000€ na...

A Xunta e o concello da Peroxa investirán máis de 177.000€ na humanización e posta en valor da contorna de varios espazos públicos da localidade

- Anuncio -

 As actuacións permitirán humanizar a contorna das vivendas sociais, mellorar o acceso á área de autocaravanas, acondicionar beirarrúas na estrada OU-0502 e ampliar o alumeado público do recinto de feira

 O Goberno galego destinará 8,6 millóns de euros o vindeiro ano a seguir apoiando os concellos na execución deste tipo de obras, un 23% máis que o orzamento destinado a tal fin en 2022

A Xunta de Galicia e o Concello da Peroxa investirán máis de 177.000 euros na humanización e posta en valor da contorna de varios espazos públicos da localidade, tal e como acordaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde deste municipio ourensán, Manuel Seoane.

As actuacións previstas, que serán financiadas conxuntamente por ambas administracións, cunha achega da Xunta do 70% e do 30% por parte do Goberno local, teñen un prazo de execución de 3 meses e incluirán a mellora do acceso á área de autocaravanas e o acondicionamento de beirarrúas na estrada OU-0502 en 3 treitos da entrada á localidade.

A maiores, tamén se humanizará a contorna das vivendas sociais coa renovación e ampliación das infraestruturas para dotar de servizos urbanísticos á zona, a realización dun muro de contención de perpiaño de ata 1,50 m de altura para salvar o desnivel existente entre a beirarrúa e o entronque coa estrada, pavimentación asfáltica e acondicionamento zona verde.

Tamén se ampliará o alumeado público do recinto de feira con 5 puntos de luz: 4 proxectores con led 126 w en columna 10 m aceiro e 1 proxector con led 126 w na fachada da edificación existente.

Estas obras acometeranse ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza.

Desde entón, mobilizáronse ao redor de 163 millóns de euros para o financiamento de máis de 410 iniciativas urbanísticas en decenas de concellos galegos co fin de habilitar ou recuperar equipamentos públicos e poñer en valor as súas contornas urbanas. Ata o momento, só na provincia de Ourense están comprometidas ou xa executadas un total de 166 actuacións. De feito, tal e como lembrou a conselleira, o concello da Peroxa xa levou a cabo a mellora dos vestiarios do club fluvial dos Peares ao abeiro deste programa no ano 2017.

A Xunta destinará 8,6 millóns de euros o vindeiro ano a seguir apoiando os concellos na execución deste tipo de obras, un 23% máis que o orzamento destinado a tal fin en 2022.

Relacionadas

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

A Xunta avoga por unir sinérxias público-privadas para referendar a posición de Galicia como...

0
José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo,...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

Publicacións Relacionadas