HomeTabeirósCerdedo - CotobadeA negativa da Deputación a aumentar o orzamento para a reforma da...

A negativa da Deputación a aumentar o orzamento para a reforma da Casa do Concello obriga ao goberno local a renunciar á subvención do ReacPon

- Anuncio -spot_img

• Ante a imposibilidade de contar coa colaboración do ente provincial Cubela optouse, dun xeito infructuoso, ao Pirep do Ministerio polo que se decidiu deixar aparcado o proxecto

O goberno municipal do Concello de Cerdedo- Cotobade decidiu renunciar á subvención do ReacPon coa que se pretendía acometer a reforma integral do Consistorio ao negarse a Deputación de Pontevedra a incrementar a aportación económica en proporción similar ao aumento de custes provocado pola inflación galopante que afecta dun xeito especial ao sector da construción.

Así, o incremento dun 86,5% nos orzamentos da reforma integral da Casa Consistorial e a baixa cobertura da subvención da Deputación obrigan ao Concello de Cerdedo-Cotobade a renunciar a axuda concedida polo ente provincial dentro do plan ReacPon xa que so supón o 42% do custe total das obras obrigando á administración municipal a asumir un montante
moi superior ao inicialmente previsto.

OS CUSTES DAS OBRAS PASARON DE 489.989 EUROS A 914.183 EUROS

Segundo o proxecto redactado no mes de abril de 2021 ao abeiro do Programa ReacPon, o orzamento do investimento ascendía a 489.989,51 euros e a subvención concedida a 391.991,61 euros, completándose o financiamento mediante unha achega municipal por parte do Concello de Cerdedo-Cotobade por importe de 97.997,90 euros.

Partindo desas premisas, o Concello de Cerdedo-Cotobade sacou a licitación pública esas obras polo importe orzamentado e o concurso quedou deser por falta de licitadores. Ante esta circunstancia fíxose unha sondaxe informal entre varias empresas do sector para tratar de aclarar o motivo polo cal quedou deserta a licitación, chegando á conclusión que os prezos do proxecto non se axustaban á realidade actual; e polo tanto non cubrían o custo da realización das obras.

Así, fíxose un novo cálculo de custes por parte dos técnicos municipais tendo en conta a situación actual da inflación derivada da crise dos materiais e a guerra de Ucraína pasando dunha cantidade inicial de 489.989,51 euros a outra actualizada de 914.183,50 euros, é dicir, que se tiveron que incrementar os prezos do proxecto, o que produciu unha suba do importe total nun 86,572%, sendo esta a única modificación que se fixo no proxecto.

Ante esta situación, remitiuse por parte do Concello un informe reflectindo a nova realidade á Deputación co fin de que fora consciente da dificultade e mantivera a esta obra o aporte inicialmente previsto do 80% do custe total da obra. Ante a negativa do ente provincial a aumentar a partida orzamentaria o Concello vese na obriga de desistir xa que non é posible que en lugar de ter que asumir uns 98.000 euros para afrontar esta intervención na Casa Consistorial teña que facerse cargo de 522.000 euros, unha cuestión inasumible nestes momentos ao non considerar tan perentoria e urxencia esta obra.

O MINISTERIO TAMÉN DIXO NON A CERDEDO-COTOBADE

Unha vez que o Concello constatou que a Deputación de Pontevedra non ía incrementar a súa aportación a esta obra, optouse ás axudas que concede o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a través do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos de entidades locais (Pirep Local) que tamén veu denegado polo que desde o equipo de goberno e por responsabilidade decidiuse deixar esta remodelación do Consistorio para mellor ocasión e cando se dean as circunstancias de financiamento axeitadas.

Publicacións Relacionadas