HomePontevedraFernández propón unha batería de propostas para favorecer o emprendemento empresarial

Fernández propón unha batería de propostas para favorecer o emprendemento empresarial

- Anuncio -spot_img

• O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra sostén que o Concello de Pontevedra “leva máis de vinte anos de inactividade e de escasos intentos errados para o fomento da iniciativa emprendedora”

• O popular propón a convocatoria de axudas destinadas á creación de novas empresas e á contratación, a recuperación do Centro de Iniciativas Empresariais, a creación dun centro de emprendemento e a posta ao dispor de emprendedores de chan industrial

• Fernández suxire que o Concello debe valerse do movemento representativo empresarial para avaliar, suxerir e xestionar o implemento das medidas propostas

O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra, Pablo Fernández, propoñerá no próximo Pleno municipal unha batería de propostas encamiñadas a favorecer o emprendemento empresarial no municipio. O popular sostivo que o Concello “leva máis de vinte anos de inactividade e de escasos intentos errados para o fomento da iniciativa emprendedora”.

O Goberno local ha tentado “só en tres ocasiones en máis 20 anos” a posta en marcha deste tipo de medidas. “Todos os casos réxense polo mesmo patrón, “escasa duración e moi pouco impacto na creación de empresas”, dixo o popular. En cambio, Fernández puxo como exemplos diferentes concellos da contorna que levan “décadas investindo e fomentando o emprendemento”.

Por iso, Fernández suxire unha serie de medidas ás que o Concello “debería adoptar en prol do emprendemento empresarial”. A primeira, a convocatoria do Concello Económico e Social para a toma do pulso dos representantes empresariais da cidade e a ampliación de medidas a tomar. A continuación, o popular propón a convocatoria de dúas liñas de axudas, a primeira para a creación de novas empresas e a segunda para a contratación.

En canto a centros, o concelleiro cre necesario a recuperación do Centro de Iniciativas Empresariais da man das asociacións empresariais da cidade. Ademais, propón a creación dun centro de emprendemento. “Outro dos puntos máis importantes é que o Concello poña ao dispor do emprendedores chan industrial para que desenvolvan a súa actividade”, explicou Fernández.

O popular subliñou que Pontevedra ten unha ampla representación de empresarios na cidade (AEMPE, AJE, Cámara de Comercio, Foro Empresa, Zona Monumental APE Galicia, etc.) dos que o Concello “pode e debe valerse”. “Todas estas entidades deben participar e cogestionar algúns destes proxectos e así avaliar, suxerir e xestionar o implemento das medidas propostas”, rematou.

Publicacións Relacionadas