Home O Salnés Meis O BNG de Meis solicita información sobre a situación da parada de...

O BNG de Meis solicita información sobre a situación da parada de taxi no entorno do Mosteiro da Armenteira

- Anuncio -

No pleno do 25/05/2022 o BNG defendeu unha moción para que por parte da alcaldía se puxera unha parada de taxi coa súa sinalización vertical e a rotulación dos números de teléfono dos taxis que operan no concello no entorno máis próximo ao Mosteiro da Armenteira.

Para esta parada propuxemos 2 situacións acordadas co sector que sería usada até que o plan de mobilidade fique definitivamente rematado.

Na moción avisábamos que eramos conscientes do tempo que tardaría en facerse efectivo o plan de mobilidade, por iso era necesaria a maior celeridade na colocación da parada.

Esta moción foi emendada polo partido socialista engadindo que era necesaria a conformidade de Patrimonio e da Deputación de Pontevedra. O BNG aceptou as emendas e a moción foi aprobada por unanimidade.

A día de hoxe, 17/11/ a situación segue igual e non hai parada de taxi en ningunha das situacións acordadas.

Polo que vimos de rexistrar unha petición para que nos sexan entregados os escritos dirixidos tanto á Deputación de Pontevedra como a Patrimonio, e no seu caso as respostas dadas, para poder axudar a axilizar a colocación desta parada dada a importancia que ten o taxi para esta parroquia do noso concello por ser un servizo público esencial para a cidadanía e unha parte vertebradora do noso turismo.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas