Home A Coruña O Plan de Xestión da Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e...

O Plan de Xestión da Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, nos concellos de Laxe e Vimianzo, someterase este mes a participación pública

- Anuncio -

Belén do Campo incide en que o obxectivo do plan é garantir o desenvolvemento de actividades humanas compatibles co mantemento nun estado de conservación favorable destes elementos

A memoria inicial do Plan de xestión da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba someterase este mes á participación pública, tal e como trasladou a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, aos alcaldes de Laxe, José Luis Pérez, e Vimianzo, Mónica Rodríguez, municipios nos que se localiza este conxunto de elevacións graníticas que ocupa unha superficie total dunhas 212 hectáreas.

Do Campo avanzou que está previsto o próximo día 24 de novembro saia publicado no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se abrirá este procedemento para recoller, durante un mes, as achegas da cidadanía e das organizacións máis representativas, entre outros.

Nesa liña, a directora xeral incidiu en que o obxectivo do plan é garantir o desenvolvemento de actividades humanas compatibles co mantemento nun estado de conservación favorable dos elementos que foron considerados claves para a declaración como espazo protexido e evitar presións e ameazas que poidan afectar a este lugar.

Ademais, procurarase manter as prácticas tradicionais que contribúan á preservación dos seus valores e recursos naturais, así como a súa conservación. Cómpre lembrar que este espazo caracterizase por unha combinación de formas rochosas significativas que confirman unha paisaxe de singular atractivo.

Os Penedos indican non só a súa relación con longos procesos tectónicos durante os que as rochas foron fracturadas, erguidas ou afundidas, senón tamén o papel que tiveron na súa orixe as condicións climáticas do pasado máis quentes e húmidas.

Durante o encontro cos rexedores municipais, a directora xeral agradeceu a súa colaboración no desenvolvemento da memoria inicial do plan de xestión deste espazo protexido e avanzou que se analizarán todas as achegas que realicen a este proxecto.

Relacionadas

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Queres saber de que van falar os científicos e científicas que participan no primeiro...

0
Os días 13, 14 e 15 de maio enchemos de ciencia o bar do Mercado, o Bodegón e o Valle-Inclán coa colaboración de oito...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Publicacións Relacionadas