HomeOurenseDispositivo de tráfico para este domingo, 20 de novembro, con motivo da...

Dispositivo de tráfico para este domingo, 20 de novembro, con motivo da Carreira Pedestre Popular do San Martiño

- Anuncio -spot_img

Os cortes de tráfico comezarán ás 22.00 horas do sábado 19 e desde as 5.00 horas do domingo en diferentes puntos do percorrido. Manteranse até o remate da proba, ás 15.00 horas aproximadamente.

A Policía Local de Ourense informa do dispositivo de tráfico para a celebración, este domingo, 20 de novembro, da 45 edición da Carreira Pedestre Popular do San Martiño, que dará comezo ás 11.00 horas. Porén, os cortes de tráfico comezarán ás 22.00 horas do sábado 19 e desde as 5.00 horas do domingo en diferentes puntos do percorrido.

Cortes de tráfico sábado 19
Cortarase ao tráfico a rúa Pardo de Cela, desde a praza de Concepción Arenal até o cruzamento coa rúa Avilés de Taramancos, desde as 22.00 horas, para a instalación das bancadas e da liña de meta. Haberá un desvío na glorieta fronte ao Pavillón dos Remedios para poder dirixir o tráfico a outros puntos da cidade.

Cortes de tráfico domingo 20
Desde as 5.00 horas cortaranse a rúa Pardo de Cela, a Ponte do Milenio e a Glorieta Nexus, incluídos os seus accesos.

Desde as 9.00 horas, cortaranse os accesos ao circuíto da carreira e tamén os puntos de avituallamento e control nas rúas Alfonso Rodríguez Castelao (xunto á glorieta do Afiador) e na avenida de Zamora (fronte á Delegación de Sanidade). Ás 10.00 horas cortarase o resto do percorrido.

Os cortes no circuíto manteranse até o remate da carreira, ás 15.00 horas aproximadamente.

Alternativas propostas

A Policía Local solicítalle aos usuarios da vía que traten de evitar circular ou acceder ao circuíto momentos antes dos horarios previstos para os cortes de tráfico. En caso de necesidade, recoméndanse itinerarios alternativos.

Pontes de Velle e do Ribeiriño para cruzar o río Miño.
Polvorín e rúa Manuel Murguía – A Farixa para a zona Sur-Oeste.
Barrio de San Francisco e rúa N.Sra. da Saínza para a zona Sur-Leste.

Accesos á estación intermodal

Desde o momento do corte total do tráfico poderase acceder pola rúa Alfredo Brañas – avenida de Marín (e viceversa) ademais de por Eulogio Gómez Franqueira (sentido centro cidade) até a rúa San Pedro Mezonzo ou rúa San Paio. Nunca pola avenida das Caldas ou pola rúa Xesús Pousa, dado que estas vías forman parte do percorrido.

Percorridos da Carreira Pedestre Popular do San Martiño

00 horas, saída carreira – Ponte do Milenio, Xesús Pousa, Praza da Estación, Avenida de Marín, Avenida das Caldas, Ponte romana, Progreso, baixada á praza de Abastos Nº1, Tras Alameda, Doutor Fléming, Ervedelo, Avenida de Portugal, Marcelo Macías, Progreso, Avenida de Zamora, Praza de Mariñamansa, Bonhome, Galicia, Fernández Ojea ‘Ben Cho Shey’, Lugo, Padre Feijóo, Colón, Moratín, Bispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avenida da Habana, Cardeal Quevedo, Avenida de Rodríguez Castelao, Avenida de Otero Pedrayo, glorieta de Curros Enríquez, Ponte Nova, Avenida de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avenida de Santiago, Avenida das Caldas, Puente Romana e Pardo de Cela.
30 horas, saída carreira escolares – Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avenida das Caldas, Ponte romana, Progreso, Avenida de Pontevedra, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Glorieta de Curros Enríquez, Ponte Nova, Avenida de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avenida de Santiago, Avenida das Caldas, Ponte Romana e Pardo de Cela.
30 horas, saída cativos – Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avenida das Caldas, Ponte romana e Pardo de Cela.
40 horas, saída carreira inclusiva – Puente do Milenio, Basilio Álvarez, Avenida das Caldas, Ponte romana e Pardo de Cela.

Publicacións Relacionadas