HomePontevedraA ParadantaMemoria Xustificativa Alcaldía de Arbo

Memoria Xustificativa Alcaldía de Arbo

- Anuncio -spot_img

Expediente: 845/2021

Procedemento: Contrato de Servizos por Procedemento Aberto, Oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación

Asunto: Servizo de Atención Temperá

Introdución

Este concello, tras a finalización da vixencia do Convenio asinado 25.02.2021 pola Agrupación de Concellos de Arbo, Crecente e Salvaterra de Miño e do contrato asinado coa empresa COESCO o 31.10.2021, asinou un novo Convenio con Crecente e Salvaterra de Miño en data 26.11.2021, ante a necesidade manifestada polos tres concellos de continuar coa prestación do “Servizo de atención temperá da agrupación de concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente” aos/as usuarios/as do mesmo, polo que, de conformidade co artigo 28 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do parlamento europeo e do consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, as necesidades a cubrir coa presente contratación deben ser determinadas con precisión antes de iniciar o procedemento encamiñado á súa adxudicación.

Obxecto do contrato e competencia municipal

De acordo co artigo 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e o artigo 80 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia o concello ten competencias para realizar o mencionado Servizo.

O concello esta capacitado e cumpre con este proxecto coa normativa esixible.

As necesidades a satisfacer no presente contrato serán as establecidas no prego de prescricións técnicas para o servizo de atención temperá da agrupación de concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente.

O obxecto do contrato é a prestación do Servizo de Atención Temperá, baseado na Rede Galega de Atención Temperá, que implica o deber de facilitar aos nenos e nenas de 0 a 6 anos e as súas familias unha actuación transversal e transcendente para o seu progreso, dunha maneira continuada, flexible e contextualizada, destinada a satisfacer os dereitos e necesidades nos nenos/as con trastornos no seu desenvolvemento ou en risco de padecelos, así como a súa prevención.

O motivo da contratación é axudar, por tanto, a este desenvolvemento a través da organización deste Servizo, que contará con tres profesionais de diferentes ámbitos: psicoloxía, logopedia e fisioterapia, e que poderá variar en función das necesidades que xurdan.

Está previsto que dito servizo se estenda dende a febreiro, data prevista de remate do procedemento de contratación, ata decembro de 2022, e coa posibilidade de prórrogas.

O servizo que se prestará aparece definido e recollido no Convenio de colaboración asinado polos tres concellos: Arbo, Crecente e Salvaterra de Miño o día 26/11/2021. Así, prevese que en Arbo e Salvaterra de Miño o servizo se prestará dous día á semana, e en Crecente un día a semana; sendo un total de 7 horas e 40 minutos ao día a repartir sempre en horario de mañá e tarde. Con esta planificación se pretende dar resposta a todas as necesidades neste senso.

Cualificación do contrato

O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de servizos.

De acordo co artigo 17 da LCSP, son contratos de servizos aqueles que o obxecto son prestación de facer consistentes no desenvolvemento dunha actividade ou dirixidas a obtención dun resultado distinto a unha obra ou subministro.

O código de identificación do obxecto do contrato e o seguinte:

Código CPM Descrición
80340000-9 Servizos de educación especial

Xustificación do procedemento
Dadas as características do servizo parece que o procedemento máis axeitado é o procedemento aberto, que se configura como un dos procedementos ordinarios no artigo 131.2 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, e onde todo empresario poderá presentar unha proposta, quedando excluída toda negociación dos termos do contrato cos licitadores, segundo o artigo 156 da mesma Lei.

Para os efectos deste contrato e segundo a LCSP a forma de adxudicación do presente contrato será aberto, con pluralidade de criterios de adxudicación (con aplicación de xuízos de valor e criterios de apreciación automática), de conformidade co establecido no artigo 156 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do parlamento europeo e do consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014.

Os contratos por procedemento aberto con pluralidade de criterios de adxudicación poderán ser utilizados polos órganos de contratación, en consonancia co artigo 156 da LCSP, cando se cumpran as seguintes condicións:

1.- En consonancia co artigo 22-C da LCSP os contratos de servizos non están suxeitos a regulación harmonizada, cando non alcancen os 750.000 euros e teñan por obxecto os servizos sociais.
2.- O anuncio de licitación do contrato precisará da publicación no perfil do contratante do órgano de contratación a través da plataforma de contratación do estado.
Toda a documentación necesaria para a presentación da oferta ten que estar dispoñible por medios electrónicos dende o mesmo día da publicación do anuncio no dito perfil do contratante.
3.- O prazo para a presentación de proposicións non poderá ser inferior a quince días naturais a contar dende o seguinte a publicación no perfil do contratante do anuncio de licitación, artigo 156 da LCSP
Posto que, segundo o Convenio asinado pola Agrupación de Concellos, a prestación do servizo iniciarase no ano 2022, en concreto en febreiro de 2022, estando pendente a publicación a Orde de subvencións da Consellería de Política Social e, polo tanto, a concesión da subvención correspondente a presente Agrupación de concellos, procederase a aplicar a tramitación anticipada regulada no artigo 117.2 e DA 3ª.2 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, nos seguintes termos:
Artigo 117.4:
“Los expedientes de contratación podrán ultimarse incluso con la adjudicación y formalización del correspondiente contrato, aun cuando su ejecución, ya se realice en una o en varias anualidades, deba iniciarse en el ejercicio siguiente. A estos efectos podrán comprometerse créditos con las limitaciones que se determinen en las normas presupuestarias de las distintas Administraciones Públicas sujetas a esta Ley”
D.A. 3ª.2:
“Se podrán tramitar anticipadamente los contratos cuya ejecución material haya de comenzar en el ejercicio siguiente o aquellos cuya financiación dependa de un préstamo, un crédito o una subvención solicitada a otra entidad pública o privada, sometiendo la adjudicación a la condición suspensiva de la efectiva consolidación de los recursos que han de financiar el contrato correspondiente.

Orzamento base de licitación e valor estimado do contrato

• Contía 112.902,15 € exentos de IVE

O orzamento base de licitación do contrato é: 451.608,60 € exentos de IVE (2 anos de contrato máis 2 anos de prórroga).

ANO IMPORTE
2022 (de febreiro a decembro de 2022) 103.493,61 € (11 meses)
2023 112.902,15 €
2024 comezaría a prórroga 112.902,15 €
2025 112.902,15 €
2026 (remataría en febreiro) 9.408,51 € (1 mes)

De conformidade co disposto polo artigo 101.1 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, o valor estimado dos contratos virá determinado polo importe total, sen incluír o imposto sobre o valor engadido, pagadoiro segundo as estimacións do órgano de contratación. Deberase ter en conta o valor global estimado da totalidade dos lotes.

E, segundo o artigo 101.2 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, no cálculo do valor estimado deberán terse en conta, como mínimo, ademais dos custes derivados da aplicación das normativas laborais vixentes, outros custes que se deriven da execución material dos servizos, os gastos xerais de estrutura e o beneficio industrial. Do mesmo xeito, deberán terse en conta, entre outros, aspectos, calquera forma de opción eventual e as eventuais prórrogas do contrato; e nos contratos de servizos nos que sexa relevante a man de obra, na aplicación da normativa laboral vixente terase especialmente en conta os custes laborais derivados dos convenios colectivos sectoriais de aplicación.

Igualmente en consonancia co disposto polo artigo 101.7 da LCSP o valor estimado do servizo deberá ter en conta o importe do mesmo así como o valor dos subministros necesarios para a súa execución e sempre tendo en conta os prezos do mercado.

Cálculo do valor estimado:

O cálculo anual estimado é o seguinte:

Concepto Contía
Orzamento execución material 94.875,75
Gastos Xerais 12.333,85 €
Beneficio Industrial 5.692,55 €
Valor estimado 112.902,15 €

Prevéndose a seguinte distribución polas anualidades ás que estendería a súa duración o contrato, tendo en conta as posibles prórrogas:

ANO IMPORTE
2022 103.493,61 € (11 meses)
2023 112.902,15 €
2024 comezaría a prórroga 112.902,15 €
2025 112.902,15 €
2026 (acabaría en febreiro a última prórroga) 9.408,51 € (1 mes)

Financiamento e Viabilidade
Ao acudir a tramitación anticipada regulada no artigo 117.2 e DA 3ª.2 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, deberá deixarse claro no expediente de contratación e pregos que a adxudicación quedará, en todo caso, sometida a condicións suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos municipais do Concello de Arbo como concello promotor e órgano de contratación, tanto para o 2022 no que se prevé iniciar a prestación do servizo, como nos restantes anos aos que estenda a súa duración o contrato.
A estes efectos, os concellos asinantes do Convenio deberán habilitar nos seus orzamentos o crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas económicas que se derivan do presente contrato e nos anos aos que estenda a súa duración o mesmo.
En concreto, e de cara á anualidade 2022 prevese a seguinte distribución no Convenio asinado:

Gastos mensuais desagregados para o Servizo de Atención Temperá dende Febreiro ata Decembro de 2022

IMPORTE MENSUAL ARBO SALVATERRA DE MIÑO CRECENTE

9.408,51 €
3.763,40 € 3.763,40 € 1.881,70 €

TOTAL (11 meses) 103.493,61 € 41.397,44 € 41.397,44 € 20.698,72 €
Total subvencionado (90% elixible) + 25% a maiores 75.261,99 € + 18.815,49 € = 94.077,48 €
Total non cuberto pola subvención 9.416,13 € 3.766,45 € 3.766,45 € 1.883,23€

Tendo en conta que a maior parte da financiación, como queda reflectido no cadro de financiamento, resulta da axuda procedente da Consellería de Política Social para esta finalidade, sendo o resto a financiar polos Concellos asinantes do Convenio segundo a porcentaxe sinalada no mesmo, a adxudicación quedará, en todo caso, sometida a condicións suspensiva da efectiva consolidación dos recursos que deben financiar o presente contrato.

A estes efectos, existe informe do Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia de 04.11.2021 polo que se informa que o pasado 25.10.2021 se iniciou a tramitación como anticipado de gasto do proxecto de Orde a través do cal se convocarán para o próximo ano 202 as subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, ao estar orzamentado no proxecto de Lei de Orzamento da Xunta de Galicia, aprobado na reunión do Consello da Xunta do pasado 18 de outubro de 2021, crédito por importe de 5.865.990 € dentro do programa 312E (Promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia), destinado ao financiamento dos servizos e recursos da Rede Galega de Atención Temperá promovidos polas Corporacións Locais da Comunidade Autónoma de Galicia (aplicación 13.04 312 E 460.1). En base a elo, na mesma liña que nas convocatoria precedentes, a través desta Orde garantirase o seu financiamento, cun crédito de 4.934.607,00 € e durante o período máximo subvencionable (do 01/11/2021 ata o 31/10/2022), a consolidación e a continuidade das 33 unidades de atención temperá incluídas dentro do Programa I, no que se atopa incluída a unidade de atención temperá da Agrupacións dos concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente que xa foi subvencionada ao abeiro das convocatorias precedentes de dita Consellería.
Ao configurarse o Concello de Arbo, como concello promotor e órgano de contratación, deberá proceder a tramitación do contrato a través do compromiso de habilitar a xeración de crédito e de retelo para o ano 2022, e restantes anos aos que estenda a súa duración o contrato, polo importe da axuda que, de ser o caso, conceda o organismo autonómico, e polos importes de achega comprometida polos demais concellos asinantes do Convenio, e respecto dos que achegarán documento contable de compromiso de retención de crédito.
Duración

O contrato terá unha duración determinada, comezará unha vez asinado o contrato administrativo de servizos, sendo a data prevista o 1 de febreiro de 2022 (ou na maior brevidade posible), e extinguirase ao rematar o período que conste non pregos técnicos e administrativos que se aproben, nos que se fixará un prazo mínimo de dous anos prorrogable por outros dous de forma expresa por mutuo acordo das partes e por anualidades, sen que a duración total incluídas as prórrogas poida superar os catro anos.

División en lotes

En base ao disposto no artigo 99.3 da Lei 9/2017,de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspasa ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, considéranse motivos válidos, a efectos de xustificar a non división en lotes do obxecto do contrato, os seguintes:

a) Dificulta a correcta execución do contrato dende o punto de vista técnico, xustificada en que:
• As prestacións comprendidas no obxecto do contrato non teñen substantivade propia de maneira que non é posible a súa execución de maneira separada.
• As prestación comprendidas no obxecto do contrato executadas de forma separada sofren menoscabo ou detrimento.
• As prestacións comprendidas no obxecto do contrato son inseparables ou imprescindibles de maneira conxunta.

b) Parece necesario para a correcta execución do contrato procedente da natureza do obxecto do mesmo, ao implicar a necesidade de coordinar a execución das diferentes prestación, xustificada en que:
• Coa división en lotes do obxecto do contrato pérdese a optimización do control da execución global do contrato.
• Coa división en lotes do obxecto do contrato pérdese a coordinación da execución das prestacións.
• Coa división en lotes do obxecto do contrato increméntanse os custos de execución pola existencia dunha pluralidade de contratistas diferentes.
• Coa división en lotes do obxecto do contrato pérdese a eficiencia.

En base a elo, no presente contrato o concello acorda a non división de lotes do obxecto do contrato.

Insuficiencia de medios

No catálogo de postos de traballo do Concello de Arbo, non consta ningunha praza correspondente a persoal municipal para atender as funcións que require a prestación deste servizo.

Tratase de funcións especificas e concretas que dificilmente se poden ser asumidas polo persoal municipal existente actualmente no cadro do persoal do Concello.

O concello de Arbo non dispón dos medios persoais, recursos materiais, ou elementos auxiliares necesarios, para a realización ou prestación deste servizo ao tratarse de prestacións específicas e concretas, polo que é necesario acudir á contratación externa ao non contar o concello con medios propios.

Estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira

O principio de sustentabilidade financeira, entendido como a capacidade de financiamento dos compromisos de gasto presente e futuros dentro dos límites de déficit, débeda pública e morosidade de débeda comercial, engloba tanto a débeda financeira, como a débeda comercial.

A este respecto debe sinalarase neste punto en canto á débeda financeira, e sempre que polo órgano subvencionante se conceda a subvención prevista e por parte dos concellos agrupados se transfiran os fondos no importe correspondente a súa porcentaxe de participación no gasto, non será necesario acudir á formalización dunha operación de crédito para financiar a contratación referida.

En relación coa débeda comercial, e sempre que por parte do órgano subvencionante e concellos integrantes da Agrupación se transfiran os fondos no importe correspondente a súa parte de participación no gasto realizado, os compromisos de gasto xerados por esta contratación permitirán cumprir o período medio de pago a provedores.

Por tanto, o estudo de sustentabilidade debe englobar as repercusión e efectos económicos que xerará o contrato proposto, durante a súa execución, en base a valoración dos gastos futuros ou colaterais aos que de lugar, entendidos como tales os custos de persoal, mantemento, seguros, conservacións, etc,.

Para o presente contrato, os gastos que xerará o contrato así como os gastos futuros non incidirán na estabilidade e sustentabilidade financeira, sempre que polo órgano subvencionante se conceda a subvención prevista e por parte dos concellos agrupados se transfiran os fondos no importe correspondente a súa porcentaxe de participación no gasto

O principio de estabilidade orzamentaria, entendido como a capacidade ou necesidade de financiamento en termos orzamentarios, SEC-10, é a diferenza entre os capítulos 1 a 7 do orzamento de ingresos e os capítulos 1 a 7 do orzamento de gastos.

A este respecto debe indicarse que o gasto previsto deberá habilitarse e recollerse no orzamento municipal para o ano 2022, e restantes anos aos que estenda a súa duración o contrato, e de financiarse as obrigas económicas derivadas do contrato no capítulo 2 con ingresos do 1 a 7, sen necesidade de acudir á formalización de operación de crédito, cumprirase co principio de estabilidade orzamentaria.
CONCLUSIÓNS
• O motivo da contratación é o de continuar prestando o Servizo de Atención Temperá que axude ao desenvolvemento integral dos menores de 0 a 6 anos e as súas familias, xa iniciado no ano 2021.
• O custe de prestación deste Servizo, e polo tanto, o orzamento base de licitación do contrato fíxase en os 112.902,15 € anuais (Impostos incluídos), atopándose a presente actividade exenta IVE.
• O Concello deberá contar cos recursos propios e dos outros Concellos asinantes do Convenio, así como da Consellería de Política Social para financiar o contrato no ano 2022 e seguintes aos que estenda a súa duración; pois, a pesares de ser posible iniciar o expediente de contratación sen crédito, a través da tramitación anticipada, a proposta de adxudicación deberá tramitarse con crédito adecuado e suficiente conforme ao RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, pois en caso contrario levaría aparellada unha renuncia ou desestimento do procedemento de acordo co artigo 152 da LCSP, unido as correspondentes indemnizacións polos gastos nos que incorresen os candidatos na contratación e, que deberán regularse nos pregos, tal e como se informa pola Secretaría-Intervención.

Publicacións Relacionadas