Home Ourense O Carballiño O Grupo Municipal Socialista de O Irixo denuncia un presunto fraude a...

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo denuncia un presunto fraude a veciñanza na comercialización de castañas que tanto promocionou o Concello e o Sr. alcalde nos medios de comunicación nos últimos anos.

- Anuncio -

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo denuncia un presunto fraude a veciñanza na comercialización de castañas que tanto promocionou o Concello e o Sr. alcalde nos medios de comunicación nos últimos anos.
O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, ten requirido o Sr. Alcalde o acceso “O expediente completo e documentación relacionada da compra e venta de castañas por este Concello e a súa comercialización, fabricación de fariña, etc., nos últimos anos 2020 e 2021 segundo o anunciado por este concello os medios de comunicación. Debe incluír relación de ingresos e gastos, facturas de gastos e ingresos, contratos firmados, convenios e subvencións, etc… e calquera documento relacionado.”
Lamentan os socialistas a falta de transparencia no gasto do diñeiro público por parte do Concello de O Irixo e o seu alcalde, que non facilita as facturas da conta xeral do concello nin xustifica os gastos de outras moitas cousas reclamadas polos socialistas xa fai meses.
Tampouco da acceso o expediente da “Feira do Tellado” e “Festa do Cabalo” 2022, coa relación de gastos e ingresos e relación de facturas e subvencións que teñen solicitado tamén os socialistas dende fai meses.
Tampouco o expediente e documentación relacionada da “marca Irixo” e “tenda da marca Irixo”, relación de ingresos e gastos, facturas de gastos e ingresos, contratos firmados, convenios e subvencións, etc… dende a súa posta en marcha a actualidade.
Tampouco o expediente ou expedientes da programación e/ou concertos, actuacións e/ou actividades organizadas polo concello este verán 2022, relación de gastos e ingresos e relación de facturas e subvencións..
Entroutros moitos expedientes e gastos, un suma e sigue na falta de transparencia e no mal uso do diñeiro público por parte do Sr. Alcalde que xestiona o Concello e o diñeiro público como se fose a súa empresa privada sen atender primeiro as necesidades básicas da veciñanza e dos pobos ata que chegan as eleccións.

OS SOCIALISTAS queremos que o Sr. Alcalde explique a veciñanza do Irixo onde esta esa FARIÑA DE CASTAÑAS que dixo fai 2 anos que ían facer cas castañas que se pagaron co diñeiro público e que entregue as contas de todo este proceso e dos resto de expediente e gastos solicitados.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa participación de...

0
80 alumnos e alumnas do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron coñecer mellor a través de xogos individuais e en grupo o tenis...

O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da...

Publicacións Relacionadas