Home Ourense O Carballiño Actividade para conmemorar o 25n "Día Internacional contra a Violencia de Xénero":...

Actividade para conmemorar o 25n “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”: I Xornada de Educación Familiar pola igualdade

- Anuncio -

O Concello de Piñor informa da realización da actividade I XORNADA DE EDUCACION FAMILIAR POLA IGUALDADE, con motivo do vindeiro 25N, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

O Programa de Educación Familiar, que se leva ofrecendo dende o Concello de Piñor dende o ano 2006, é precisamente un servizo que traballa directamente o tema da igualdade e a prevención da violencia de xénero, tanto coas familias usuarias como nas actividades comunitarias que leva a cabo. Dende devandito programa, financiado pola Consellería de Política Social e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, levarase a cabo a actividade I XORNADA DE EDUCACIÓN FAMILIAR POLA IGUALDADE, que terá lugar o sábado 26 de novembro ás 16h na Praza do Arenteiro (Piñor). Tódalas familias están convidadas a participar nesta iniciativa, que consiste nunha tarde de teatro e xogos para desfrutar nenos/as, pais, nais, avós, avoas… unha xornada marcada pola diversión en familia, co seguinte itinerario:

 16h: Obra de teatro “AVOAS”, representada por Run Run Teatro:  un espectáculo no que unhas avoas chegan á biblioteca coa proposta anual de actividades: Letras para todas e todos, tarde de bingo pola igualdade, atenta coa ferramenta, ximnasia de mantemento e taller de memoria serán algúnhas das propostas para este ano. 
 17h: XINCANA PARA TODA A FAMILIA: As familias participantes deberán cumprir unha serie de misións vinculadas á loita pola igualdade de xénero. Non haberá espazo para aburrimento!
 SORTEO DE AGASALLOS ENTRE OS/AS NENOS/AS PARTIPANTES: Varios kits de contos serán sorteados entre tódolos/as cativos/as asistentes, levando con eles a mensaxe da igualdade de xénero ás familias e fogares.

A I XORNADA DE EDUCACION FAMILIAR POLA IGUALDADE é de entrada libre e gratuita.
Por motivos organizativos, recoméndase a inscrición xa sexa mediante correo electrónico (educacionfamiliar.pinor@gmail.com) ou no teléfono 988403236.

Ante a posibilidade de que as condicións climatolóxicas sexan adversas, haberá instalada unha carpa coas dimensións precisas para poder acoller a realización da xornada de forma axeitada.

Dende o Concello de Piñor anímase a participar nesta actividade familiar, orixinal e lúdica, para pasar un sábado á tarde en familia, en prol da igualdade de xénero.

Relacionadas

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Publicacións Relacionadas