Home Vigo Pazos de Borbén Pazos de Borbén presenta a súa semana de actos de conmemoración do...

Pazos de Borbén presenta a súa semana de actos de conmemoración do 25N

- Anuncio -
  • O Salón de actos do acollerá o dia 28 a obra teatral “Golpes” sobre as consecuencias da violencia machista na mocidade
  • O goberno local do Concello de Pazos de Borbén presentou esta mañá o calendario de actos e eventos en conmemoración do 25N, día internacional contra a violencia machista. Unha programación dunha semana de duración na que se inclúen actos institucionais e unha actividade formativa para os escolares do municipio.
  • As actividades darán comezo a próxima semana coa presentación do II Plan de Igualdade municipal 2022/2025 e dun novo manual de linguaxe inclusiva, un proxecto financiado pola Deputación no que, ademais da publicación, incluíase a formación específica en igualdade para o persoal da administración local.
  • Do mesmo xeito, o día 25 na Casa do Concello, os membros do goberno local lerán un manifesto contra a Violencia machista no que o persoal de todo o consistorio mostrará o seu apoio incondicional cara ás vítimas e en favor do avance social necesario para terminar con esta secuela.
  • Para finalizar os actos de celebración, o vindeiro luns 28 de novembro, todos os alumnos da ESO do CEIP Curros Enríquez asistirán á representación teatral “Golpes”, interpreta por Estibaliz Veiga. Trátase dunha obra financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade e que traballa sobre as consecuencias da violencia de xénero na mocidade.
  • O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, destacou que “esta clase de iniciativas son fundamentais para conseguir unha sociedade mellor no futuro e contan con todo o apoio municipal”. No mesmo sentido expresouse ao edil de Servizos Sociais, Eloisa Nogueira, que explicou que “desde o Concello tentamos poñer o noso granito de area cada día para lograr que algún día podamos dicir violencia cero”.
  • Durante todas as xornadas, repartiranse entre os asistentes cadernos conmemorativas do día contra a violencia machista que foron financiadas a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas