Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación avanza na humanización e embelecemento do contorno de Cachamuíña

A Deputación avanza na humanización e embelecemento do contorno de Cachamuíña

- Anuncio -

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou este sábado o resultado das obras promovidas polo goberno provincial acompañado do alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, e o presidente da comunidade de montes de A Chaira, Emilio Pato

En xaneiro xa inaugurouse a nova zona de aparcadoiro do encoro, tamén impulsada pola Deputación á petición do Concello de Pereiro e coa colaboración da comunidade de montes

Manuel Baltar amosa a súa satisfacción por este “novo exercicio de cooperación entre Deputación, Concello e veciños para poñer este espazo á disposición de todos os visitantes, humanizando e embelecendo o contorno do encoro uns meses despois de inaugurar o novo aparcadoiro”

Luis Menor remarca a importancia dunha obra “completamente necesaria” e agradece a colaboración da Deputación para “detectar as necesidades dos veciños e atender as nosas propostas”

O presidente da comunidade de montes destaca o traballo de Concello e Deputación: “A este alcalde e a este presidente lles cedes un pedazo de terreo cheo de pedras e silvas e o converten nesta marabilla ao servizo do pobo”

A Deputación de Ourense vén de completar as obras de humanización e embelecemento do contorno do encoro de Cachamuíña, a segunda fase dun proxecto impulsado polo goberno provincial que xa permitiu inaugurar en xaneiro deste ano a nova zona de aparcadoiro, ao carón da estrada provincial OU-508.

O proxecto permite avanzar na recuperación de espazos en desuso ou degradados para acondicionalos e seguir avanzando na resposta á crecente afluencia de ourensáns que achéganse ata esta área natural do Pereiro. Despois do aparcadoiro, co que triplicouse o espazo dispoñible para aparcar, sumando 64 prazas -6 para persoas con discapacidade- esta obra supón mellorar as conexións do contorno do encoro.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou esta mañá o novo espazo acompañado polo alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, e o presidente da comunidade de montes de A Chaira, Emilio Pato.

Manuel Baltar amosa a súa satisfacción por este “novo exercicio de cooperación, entre a Deputación, o Concello do Pereiro e os veciños propietarios destes terreos para poñer este espazo á disposición de todos os visitantes, humanizando e embelecendo o contorno do encoro despois de inaugurar o aparcadoiro”.

“Con este proxecto facilitamos que este pulmón de Ourense, este entorno máxico, sexa accesible para todos os visitantes para que poidan desfrutar dun lugar de absoluta referencia de natureza, saúde, deporte e lecer”, remarca Manuel Baltar, que valorou a “capacidade propositiva” de Luis Menor, “auténtico impulsor do aproveitamento deste encoro. En Pereiro hai un antes e un despois, e iso chámase visión. E a visión, en política, son feitos”.

O presidente da Deputación tamén agradece a colaboración veciñal: “Temos que incidir na cooperación da comunidade de propietarios do monte comunal de A Chaira, todas as facilidades que nos proporcionan, a súa disposición e a súa xenerosidade”.

Unhas palabras de agradecemento ás que se suma Luis Menor: “É sobresaínte a visión de concello da comunidade de montes de A Chaira, por encima de calquera interese persoal, que nos permite chegar a realidades como esta, mellorando espazos que estaba degradados”.

Luis Menor: “Dotamos de novos servizos á contorna do encoro mentres melloramos o entorno e recuperamos espazos”

O rexedor de Pereiro de Aguiar reivindica a importancia dunha obra “completamente necesaria, coa que dotamos de novos servizos aos visitantes -co novo aparcadoiro- mentres melloramos o entorno do encorno e seguimos recuperando espazos”.

Luis Menor tamén agradece á Deputación, “xestora deste espazo de lecer, a capacidade e habilidade para detectar as necesidades dos veciños e atender as nosas propostas”, destacando a importancia da cooperación institucional para “seguir avanzando na dinamización do Pereiro, e na que é vital as liñas abertas de traballo co goberno provincial e a Xunta”.

Pola súa banda, o presidente da comunidade de montes de A Chaira, Emilio Pato, recoñece o traballo da Deputación e Concello: “Que vou a dicir tendo a este presidente e a este alcalde, que lle cedes un pedazo de terreo cheo de pedras e silvas e o converten nesta marabilla ao servizo do pobo. So podemos agradecer a gran colaboración que teñen co monte comunal de A Chaira”.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas