Home Pontevedra O Salnés O PP confirma a Ana Granja como candidata á Alcaldía de Vilagarcía...

O PP confirma a Ana Granja como candidata á Alcaldía de Vilagarcía de Arousa

- Anuncio -

• Luis López: “a alternativa que temos que ofrecer aos cidadáns ten que pasar por un equipo moi forte, moi preparado, con moitas gañas, con capacidade de traballo, con proximidade coa xente, con especialización nas distintas áreas…”


• Di que o único responsable do declive “evidente e notorio” da cidade é o PSOE de Vilagarcía, que leva gobernando toda a vida agás un único mandato.


• Juan Bayón será o número 2 da candidatura, tras o acordo chegado entre os dous aspirantes.

Ana Granja será a candidata do Partido Popular á alcaldía de Vilagarcía de Arousa nas municipais de maio. Así o anunciou a xestora do partido esta tarde ao presidente provincial, Luis López, nun encontro no que tamén participou a secretaria xeral, Luisa Piñeiro. Esta proposta, que xurde do acordo entre Ana Granja e Juan Bayón, que foron as dúas persoas propostas pola xunta xestora, ten o respaldo unánime da propia xestora e do Comité Executivo Local, e está ratificada pola dirección provincial do partido.

López puxo en valor o “o importante traballo e compromiso” de Ana Granja durante estes anos. “Ana é unha muller con moita experiencia en política, tivo responsabilidades importantes no goberno local e tamén sabe desempeñar o papel na oposición, e ademais é moi querida polos veciños de Vilagarcía, que saben que sempre poden acudir a ela ante calquera problema, que por certo, neste concello, son moitos”. E tamén tivo palabras de agradecemento a Juan Bayón, que será o número 2 da candidatura dos populares tras o acordo chegado entre os dous aspirantes. “Un rapaz moi novo pero moi maduro, brillante, que ten moito presente e un futuro sen límites, polo que creo que poden facer un tique electoral moi importante no PP de Vilagarcía que pode dar solucións aos infinitos problemas que hai nun concello que cada día vai a menos”.

A todos, o presidente provincial pediu traballo, unidade e moita presencia na rúa para recuperar a ilusión e a confianza da cidadanía. “Somos maioría os que cremos que Vilagarcía de Arousa necesita máis do que ten actualmente, e nós imos ofrecerlles o mellor equipo e o mellor proxecto”. Ademais, dixo que “Vilagarcía é terceira cidade da provincia, ten máis de 37.000 habitantes, e está moi mal xestionada, polo que a alternativa que lle temos que ofrecer aos cidadáns non pode pasar por unha persoa, nin por dúas, ten que pasar por un equipo moi forte, moi preparado, con moitas gañas, con capacidade de traballo, con proximidade coa xente, con especialización nas distintas áreas… en definitiva, é un labor inxente, con moitos cidadáns aos que atender e escoitar que non poden facer nin un nin dous, por moi bos que sexan”.

O PSOE É CULPABLE DO DECLIVE DE VILAGARCÍA
López recordou que “hai 20 anos, Vilagarcía era unha referencia en Galicia, a oitava cidade, falábase de incluíla coas outras sete e tamén calcúlabanse os anos que lle levaría adiantar a Ferrol. Vilagarcía estaba na boca de todos os galegos. Hoxe cústalle ser unha referencia incluso na bisbarra do Salnés e a verdade é que é triste. E este declive, evidente e notorio, ten un único responsable: o PSOE de Vilagarcía, que leva gobernando toda a vida agás un único mandato. O ritmo desta cidade, decrecente e claramente minguante, marcárono os socialistas e por iso estamos nesta terrible situación”.

Alertou de que outros catro anos de goberno socialista provocaría agravar a situación. “Vilagarcía seguirá retrocedendo, minguando e facéndose máis cativa, porque o di a súa traxectoria de case oito anos como alcalde e a súa capacidade de xestión, só preocupada e orientada á apariencia e que ten completamente esquecidos aos veciños”.

Pola súa parte, Ana Granja agradeceu o apoio de toda a xunta local e dos seus compañeiros a nivel provincial, e amosouse “ilusionada” para devolver a Vilagarcía de Arousa “un Goberno comprometido cos veciños, un goberno transparente, sensato, que xestione e que resolva”. Para conseguir resultados, di que “é fundamental a unidade do partido. Todos somos fundamentais, todos sumamos”.

Ana Granja é presidenta da xestora do PP de Vilagarcía de Arousa, e voceira do grupo municipal desde xaneiro de 2020. Tomou posesión da súa acta como concelleira, por primeira vez, en 2013, para facerse cargo da carteira de Urbanismo e Obras no Goberno local.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas