Home Pontevedra Campo Lameiro A centenaria Amanda Durán Fontenla preside a XXII Xuntanza da 3ª Idade...

A centenaria Amanda Durán Fontenla preside a XXII Xuntanza da 3ª Idade de Campo Lameiro

- Anuncio -

O alcalde, Carlos Costa, agradeceu a presencia dos comensais que se levaron unha fotografía personalizada de recordo deste encontro.

Amanda Durán Fontenla, unha veciña de 101 anos presidiu a XXII Xuntanza da 3ª Idade organizada polo Concello de Campo Lameiro no pavillón municipal de deportes co fin de que os maiores de 60 anos puderan protagonizar un xantar de confraternidade, o primeiro que destas características que se celebran no municipio despois das restricións impostas pola pandemia da Covid-19.

Como acto previo, os participantes asistiron a unha misa cantada oficiada polo cura párroco Fermín Santiago Iglesias, e que estivo amenizada pola Coral Polifónica de Campo Lameiro.

A continuación, tivo lugar o xantar de confraternidade no que puideron participar persoas maiores de 60 ano e pensionistas de invalidez empadroados no concello cun prezo especial por persoa de 10 euros. No caso de non estar empadroados, o prezo do prato foi de 32 euros por asistente.

O xantar foi servido polo equipo de cátering de Pulpería A Fuchela e o baile de sobremesa correu a cargo do dúo Caché que animou a tarde de choiva con música e pezas habituais dos repertorios verbeneiros que soen bailar o asistentes.

Antes de procederse ao baile, o alcalde, Carlos Costa, agradeceu a presenza aos asistentes e aproveitou para facer entrega duns agasallos conmemorativos a varios veciños presentes, entre eles á centenaria Amanda Durán Fontenla.

A outra centenaria residente no municipio, María Fontenla Silva, de Paredes e que cumpriu 101 anos o 4 de novembro, tamén foi obxecto dunha homenaxe no seu domicilio, a onde se trasladou o alcalde Carlos Costa para facerlle entrega dunha placa, un ramo e un retrato nun cadro.

O FOTOMATÓN DA “CAIXA MÁXICA” FOI TODO UN ÉXITO

Tamén como novidade nesta ocasión, os asistentes puideron levarse gratuitamente unha fotografía conmemorativa do seu paso por este evento realizado pola “cámara máxica”, un novidoso Fotomatón instalado polo Concello na entrada do pavillón cun decorado na parte posterior para poder posar os asistentes a esta XXII Xuntanza da 3ª Idade e levarse, xa no momento, unha instantánea de recordo da súa participación nesta actividade.

Finalmente, sorteáronse entre os asistentes un total de 4 vales de 25 euros cada un para poder ser canxeados nos establecementos colaboradores do comercio local de Campo Lameiro por calqueira produto ou servizo.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas