Home O Morrazo Cangas A Xunta apoia o reforzo do servizo de Protección Civil de Cangas...

A Xunta apoia o reforzo do servizo de Protección Civil de Cangas cun vehículo contra incendios

- Anuncio -

— O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na presentación do equipamento, cofinanciado polo Goberno galego con máis de 55.600 euros

— A iniciativa enmárcase no compromiso cos servizos de emerxencias municipais, aos que o Executivo autonómico destinou 24 millóns de euros nos últimos anos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na presentación do novo vehículo contra incendios adquirido polo Concello de Cangas co apoio da Xunta para destinalo ao servizo de Protección Civil municipal. O custo do camión ascendeu a 167.000 euros, dos que o Goberno galego achegou máis de 55.600 no marco das axudas ás administracións locais en materia de emerxencias.

O obxectivo é facilitarlle ao concello unha dotación para afrontar as primeiras actuacións nos lumes que se poidan producir tanto no ámbito municipal de Cangas coma en localidades limítrofes.

Entre outras características, o camión dispón de equipamento de radio e dunha superestrutura especialmente deseñada para a loita contra o lume. Conta cunha cisterna con capacidade para entre 1.000 e 1.200 litros e dúas bocas de enchido, cunha bomba hidráulica específica contra incendios capaz de proporcionar unha presión de ata 25 bares, e cun carrete de pronto socorro conectado á bomba e con mangueira de 40 metros.

No acto de presentación, no que tamén participou o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, o vicepresidente segundo salientou o compromiso da Xunta cos servizos de emerxencia municipais como “elementos clave ante calquera situación de risco para persoas ou bens, xa que son os que teñen a capacidade de resposta máis rápida”.

Diego Calvo referiuse ao apoio histórico do Goberno galego ás administracións locais nesta materia, que se traduce nun investimento de 24M€ nos últimos anos. Deste total, 14M€ destináronse a equipamento para agrupacións de Protección Civil, aos que se suman outros 4 millóns para financiar o seu funcionamento.

Concretamente a Agrupación de Voluntarios e Voluntarias de Protección Civil de Cangas, composta por máis de 30 efectivos, recibiu nos últimos anos 136.000 euros, dos que máis de 96.500 foron para equipamentos, como unha embarcación, un pick up, distintos remolques ou terminais con GPS, e outros 39.400 euros para funcionamento.

Relacionadas

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en materia de...

0
— O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer...

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

III Encontro de Igualdade da provincia de Pontevedra

0
Os Comandos Cova de Cova Terreña e Rochas Violetas do IES Primeiro de Marzo uníronse nesta xornada moderada por Chus Oliveira, recoñecida figura en...

Smart Mobility Marín: unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros...

0
A App pode descargarse nos móbiles e é un dos piares do proxecto Smart Citie, que se financiou a través de Marín Dusi, e...

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no...

0
O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo...

O Concello de Marín celebra o Día das Letras Galegas con actividades durante todo...

0
Marín quere aproveitar o Día das Letras Galegas, celebrándoo ao longo do mes coa programación de distintas actividades.  O Concello de Marín programou unha axenda...

Publicacións Relacionadas