Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación e o Concello do Barco avanzan no proxecto de posta...

A Deputación e o Concello do Barco avanzan no proxecto de posta en valor da Vía Nova

- Anuncio -

Manuel Baltar reuniuse esta mañá co rexedor Alfredo García para analizar as novidades da iniciativa impulsada polo Eixo Atlántico co apoio do goberno provincial

O alcalde do Barco de Valdeorras tamén solicitou un tractor de roza para a prevención de lumes, no marco do convenio asinado pola Deputación de Ourense e a Consellería de Medio Rural

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo esta mañá no Pazo Provincial un encontro de traballo co alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, no que estudaron a ampliación das liñas de colaboración abertas entre ambas administracións e no seu traballo común en entidades como o Eixo Atlántico.

Precisamente, unha das cuestións centrais da reunión de traballo desta mañá foi o proxecto de posta en valor da Vía Nova. Unha iniciativa impulsada polo Eixo Atlántico -entidade na que Manuel Baltar é presidente do seu Foro Termal e Alfredo García, presidente da Mesa da Asemblea- co apoio da Deputación de Ourense, e que pretende converterse nun axente dinamizador do territorio a través da pegada cultural e histórica da Vía Nova, unha calzada romana que atravesaba parte do que hoxe é Ourense, unindo Bracara Augusta (Braga) e Astúrica Augusta (Astorga) ao longo de máis de 300 quilómetros.

O proxecto de valorización da Vía Nova está en fase de elaboración, coa vista posta en ser presentado na primavera de 2023. En próximas datas celebrarase unha reunión entre o presidente da Deputación, o alcalde do Barco e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, para seguir perfilando a iniciativa baseándose nos informes e estudos xa completados.

Manuel Baltar recalcou a importancia desta iniciativa cultural e patrimonial, “con sobresaínte potencial dinamizador e que é outra aposta máis da Deputación pola comarca de Valdeorras”, valorando a importancia do traballo en rede para impulsar este tipo de proxectos: “O da Vía Nova é outro froito do posicionamento de Ourense en entidades como o Eixo Atlántico, e coa capacidade de tecer colaboracións cos gobernos locais e autonómicos para perfilar ferramentas coas que seguir construíndo Ourense”.

Ademais, o Concello do Barco de Valdeorras solicitou un tractor de roza para a prevención de incendios forestais, apoiándose no convenio asinado pola Deputación de Ourense -a única das catro deputacións galegas en facelo- coa Consellería de Medio Rural en materia de lumes.

Relacionadas

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

Publicacións Relacionadas