Home Pontevedra A Lama O concello da Lama manifestará a súa repulsa contra a violencia de...

O concello da Lama manifestará a súa repulsa contra a violencia de xénero o 25-N cun minuto en memoria das mulleres vitimas do machismo e cun programa de actividades con obradoiros en materia de igualdade

- Anuncio -

Este programa, impulsado polo CIM da Lama, está dirixido ao alumnado do colexio e conta coa colaboración económica da Deputación de Pontevedra

O Concello da Lama, a través do Centro de Información á Muller (CIM), levará a cabo un programa de actividades para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero, que conta cunha axuda económica da Deputación, e que contempla un acto aberto ao público o 25-N no Salón de Plenos do Concello no que tamén se gardará un miniuto de silencio en memoria das mulleres asasinadas no transcurso do ano 2022.

O programa posto en marcha polo Concello a través do CIM ten un orzamento global de 10.980 euros e conta cunha achega de 5.318,12 euros do ente provincial o que permitirá celebrar catro obradoiros centrados na prevención da violencia de xénero e no fomento da igualdade de oportunidades.

Os obradoiros que conforman este programa, impartidos por persoal especializado en materia de igualdade, están dirixidos exclusivamente ao alumnado de primaria do CEIP A Lama.

PLAN MADRUGA, PARA FACILITAR A CONCILIACIÓN FAMILIAR

Ao abeiro deste programa tamén se desenvolverá durante o período das vacacións de Nadal o ‘Programa Concilia’, un servizo que da apoio ás familias da Lama para facilitar a conciliación persoal, familiar e profesional, favorecendo así a corresponsabilidade. Este servizo está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos residentes no concello da Lama.

Cómpre lembrar que no mes de setembro o Concello da Lama puxo en marcha o “Plan Madruga” no CEIP da Lama, que conta tamén coa colaboración económica da Deputación, co obxectivo facilitar a conciliación e de ofrecer un espazo cómodo e seguro, no que os nenos e nenas poden realizar distintas actividades baixo supervisión antes do horario lectivo do centro escolar.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas