• O alcalde ten deseñadas xa os proxectos cos que acudirá ás distintas liñas de axuda da Xunta para mellorar e promocionar a ampla e variada oferta turística que atesoura o municipio
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, anunciou que solicitará á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) a inclusión do concello na rede de municipios con vilas termais de España.
Desvelou esta iniciativa no transcurso da xuntanza de traballo que mantivo coa directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, durante a cal tamén lle trasladou os principais proxectos cos que o Concello concorrerá ás distintas liñas de axuda que poña en marcha
durante o 2023 a Xunta en materia de promoción turística.
Jorge Cubela adiantoulle á directora de Turismo, Nava Castro, que unha das prioridades do grupo de Goberno será a posta en funcionamento da estación termal dos Baños de San Xusto para o cal o Concello acaba de finalizar unha importante obra de abastecemento enerxético ao complexo termal ao tempo que tamén servirá para dotar de luz eléctrica á Carballeira e á capela.
Tamén lle comentou que en breve se adxudicarán as obras incluídas no Pacto pola Paisaxe a través das cales se investirán uns 300.000 euros en acondicionar o entorno e os acceso á Carballeira e á capela de San Xusto, ademais de rematar co proceso de recuperación e posta en valor dos principais petróglifos existentes na contorna.
CARAVANAS E RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO ETNOGRÁFICO
Outra das iniciativas coas que ten pensando concurrir o Concello de Cerdedo-Cotobade ás distintas liñas de axuda á promoción turística que poña en marcha a Xunta para o 2023 será a creación de áreas de recreo nas que fomentar o turismo de caravanas, posto moi de moda a partir das restricións impostas pola Covid-19 e onde o municipio pode ofertar lugares extraordinarios para fomentar a asistencia de visitantes que practican esta modalidade turística.
Por último, tamén lle trasladou o desexo de seguir recuperando patrimonio etnográfico, histórico e cultural para a promoción turística a través de actuaciones de recuperación de elementos representativos da cultura popular e do patrimonio histórico do concello de CerdedoCotobade.
Cubela agradeceu a “excelente” disponibilidade amosada pola directora de Turismo, Nava Castro, e avogou por seguir profundizando nun futuro próximo pola colaboración institucional entre o Concello e a Xunta de Galicia na promoción turística do interior da provincia de Pontevedra e o “hinterland” das Rías Baixas, como elementos complementarios na oferta turística de Galicia.



