Home O Salnés Cambados Comunicado da Asemblea Local do BNG sobre o incumprimento por parte do...

Comunicado da Asemblea Local do BNG sobre o incumprimento por parte do Goberno do acordo orzamentario

- Anuncio -

José Luis González Roma, voceiro Municipal do Bloque Nacionalista Galego do Concello de
Cambados, ó abeiro da lexislación vixente,

EXPÓN

O acordo de presuposto asinado entre o goberno e o BNG de Cambados recollía unha serie de obrigas a implementar por parte do goberno, que se recollían en 9 puntos. Destes nove escasamente se cumpriron dous, a actualización das partidas orzamentarias acordadas, e a modificación do Fondo de Emerxencia Social, para crear unha liña específica de axuda ós usuarios dos comedores escolares xestionados polos ANPAS. Decimos escasamente porque este último punto non está a funcionar de maneira axeitada, facendo que as nais e os pais se perdan nunha maraña burocrática, sin conseguir a axuda para o comedor.
Das sete obrigas restantes, ou ben non se cumpriron ou van camiño de non facelo.

Non convocaron as axudas de cultura en prazo, as casas de cultura seguen sin contido, e sin novas tampouco das obras comprometias no acordo. Recordar que estas obras moi demandadas por parte da veciñanza inclúian a reforma do Centro Sociocultural Xacobe Castro de Corvillón, a reforma do parque infantil de Vilariño, o acondicionamento e mellora do Centro Cultural Manuel Mariño Castro en Oubiña e o acondicionamento tanto da senda litoral de Castrelo como do equipamento da Praia das Saiñas.

Queda moi evidente que o goberno non tiña ningún interese no acordo, só buscaba unha vez máis a foto. No BNG temos por costume cumprir o asinado e esiximos que o goberno tamén o faga.

Agora acabamos de ter coñecemento de que a subvención para a sustitución do tellado para o Centro Cultural de Vilariño parece que caducou sen ser executada, sería a enésima subvención que perde este equipo de goberno, e a obra necesaria quedaría sin realizar.

Ante o aquí exposto

SOLICITA
1.- Cales son os prazos que manexa o goberno para cumprir o acordo de presupostos asinado co BNG de Cambados.

2.- Que se nos confirme si caducou a liña de financiamento para a realización da obra no tellado do Centro Cultural de Vilariño.

3.- Si de certo caducou a liña de financiamento, que alternativa ten o equipo de goberno para a realización da obra.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas