HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela afronta a humanización do lugar dos Castros, en Quireza, e a...

Cubela afronta a humanización do lugar dos Castros, en Quireza, e a rehabilitación do lavadoiro da Botica

- Anuncio -spot_img

• Permitirá acometer unha mellora integral do camiño que vai desde Fonte Seca á igrexa e conta co visto bo de Patrimonio

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e a tenente de alcalde Lourdes Ovelleiro achegáronse ata o lugar dos Castros, en Quireza, para tomar nota dos últimos detalles para que o Concello comece as obras incluidas no Plan Hurbe para humanizar este camiño que vai desde Fonte Seca ata igrexa e que conta xa co visto bo de Patrimonio para unha posta en valor deste espazo rural.

Ademais, afrontarase tamén, e con cargo ás axudas do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, a recuperación medioambiental da fonte lavadoiro da Botica, nos Castros (Quireza), un conxunto interesante encaixado no terreo para permitir o uso da auga por gravidade, preto da igrexa e da reitoral da parroquia.

O alcalde de Cerdedo-Cotobade e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinaron un convenio, dentro do Plan Hurbe, que trae anexo un proxecto de humanización do núcleo dos Castros, na parroquia de Quireza, cun investimento duns 250.000 euros, a través do que se pretende non só humanizar o núcleo, senón embelecelo, así como mellorar as infraestruturas de abastecemento e saneamento das pluviais e da rede de iluminación e eficiencia enerxética.

O proxecto, que incluído dentro do plan Hurbe posto en marcha polo Goberno galego en 2010 para promover o desenvolvemento das aldeas e núcleos rurais con criterios de sustentabilidade económica, ambiental e social, ademais da mellora dos equipamentos e dotacións, aumenta a variedade e eleva os niveis de servizos co fin de incrementar o seu atractivo.

De feito, con este investimento afrontarase unha profunda transformación deste espazo rural que permitirá destacara aínda máis a súa beleza e funcionalidade a través da creación de espazos de disfrute veciñal, pavimentado con adoquíns e canalización de augas pluviais para permitir unha mellor accesibilidade na zona.

Publicacións Relacionadas