Home Xunta de Galicia A Xunta aproba a creación de 4 novas prazas de funcionarios no...

A Xunta aproba a creación de 4 novas prazas de funcionarios no Instituto de Medicina Legal de Galicia

- Anuncio -

― O Diario Oficial de Galicia publica as modificación na estrutura do organismo que suporá 3 novas prazas de tramitación procesual e administrativa nas subdireccións territoriais do instituto na Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e unha praza de auxilio na de Ferrol

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se modifica a relación de postos de traballo do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) que suporá a creación de 4 novas prazas. En concreto, 3 de tramitación procesual e administrativa nas subdireccións territoriais do instituto na Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, así como outra máis de auxilio xudicial na subdirección territorial de Ferrol.

Deste xeito, as sete subdireccións do Imelga nas sete cidades galegas contarán con 85 profesionais entre xefes de servizo, médicos forenses e funcionarios dos corpos xerais. Este organismo, que concentra a pericia pública oficial médico-legal, de psicoloxía e de traballo social forense conta tamén con auxiliares de autopsias e 17 equipos psicosociais encargados das valoracións e elaboracións de informes requiridos polos xulgados.

Cómpre lembrar que a Xunta creará 24 prazas de funcionarios na Administración de Xustiza para dotar de persoal os tres novos xulgados de Primeira Instancia e Instrución que se porán en marcha o próximo ano na comunidade, isto é, o nº 15 na Coruña, o nº 6 en Lugo e o nº16 en Vigo. Estas novas vacantes súmanse ás 57 xa habilitadas neste ano e que supuxeron un investimento da Xunta de 1,5 millóns de euros.

As novas prazas no Imelga publicadas hoxe no DOG dan continuidade ás medidas levadas a cabo nos últimos meses por parte do Goberno galego co obxectivo de acurtar os prazos de resposta das súas actuacións. Cunha dotación de 156.000 euros destacan, entre outras, o incremento de dedicación dos equipos designados para elaborar os informes psicosociais coa contratación de 14 técnicos – 7 profesionais de Psicoloxía e 7 de Traballo Social- nas subdireccións da Coruña, Santiago, Pontevedra e Lugo, ou a habilitación de horas extraordinarias para o persoal que decidira sumarse de forma voluntaria.

Por outra banda, a Lei de Medidas Fiscais e Administrativas para o ano 2023 aprobada esta semana no Parlamento de Galicia e que complementa o proxecto de Lei de Orzamentos inclúe a creación da escala de técnicos especialistas en patoloxía forense do Imelga, cun nivel formativo de Técnico Superior en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico axeitado para as tarefas que deben realizar. Esta escala permitirá substituír paulatinamente os postos actuais de auxiliares de autopsias, para os que non se exixe formación específica.

Os orzamentos da Xunta para o próximo ano recollen tamén unha partida de 2,7 millóns de euros para continuar co proxecto da nova sede do Imelga en Santiago de Compostela. Trátase da nova sede da dirección do Instituto en toda a comunidade e da subdirección de Santiago de Compostela dando resposta a unha demanda histórica do organismo e converténdose nun centro de referencia da medicina forense en Galicia.

Relacionadas

A Xunta avoga por unir sinérxias público-privadas para referendar a posición de Galicia como...

0
José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo,...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración continúa co proceso de escoita activa e...

0
O CONSELLEIRO DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN CONTINÚA CO PROCESO DE ESCOITA ACTIVA E REÚNESE COS LÍDERES SINDICAIS DE CCOO E CIG EN GALICIA Nas...

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que...

0
― O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000€ ― Diego Calvo...

Xosé Merelles avanza que a futura estratexia de Turismo de Galicia 2030 porá o...

0
Recorda que se traballará para manter a boa convivencia, incrementar o grao de satisfacción e consolidar os datos da última Enquisa de Residentes que...

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

Publicacións Relacionadas