HomeVigoBaionaÚltimo Contactontos para ás crianzas este domingo ás 12:00h no Multiúsos Mercado...

Último Contactontos para ás crianzas este domingo ás 12:00h no Multiúsos Mercado de Sabarís

- Anuncio -spot_img

O Multiúsos Mercado de Sabarís acolle este domingo, 26 de novembro, ás 12:00h o contacontos “Travesias. Aventuras de Libros” de Raquel Queizas.

Todos aqueles nenos e nenas que se acheguen ata o recinto municipal pasarán unha mañá divertida. A entrada é gratuíta e libre ata completar aforo.
Trátase da última actividade que forma parte da programación “Novembro Lila” organizada pola Concellería de Igualdade, ao fronte de Yasmina Moreira Costas, co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que trouxo consigo todo un mes dedicado a actividades para sensibilizar e educar contra a violencia á muller no Concello de Baiona.

Publicacións Relacionadas