Home Ourense A Xunta salienta en Ourense que a aplicación da responsabilidade social nas...

A Xunta salienta en Ourense que a aplicación da responsabilidade social nas pemes é clave para o posicionamento empresarial

- Anuncio -

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, destacou hoxe en Ourense que a aplicación da Responsabilidade Social Empresarial nas compañías supón reforzar a súa competitividade nun contexto de transformación no que prácticas como a xestión responsable das persoas, o desenvolvemento de condutas éticas nas cadeas de subministración ou a adaptación a unha economía baixa en carbono son claves para o posicionamiento empresarial.

No no encontro Responsabilízate Ourense, estamos preparados para o novo escenario? sobre os retos ambientais, sociais e de gobernanza que enfrontan pequenas e grandes empresas, Mancha puxo en valor o programa Responsabilízate, no que están a participar na actualidade máis dun cento de empresas en toda Galicia co propósito de promover o benestar laboral e facer un tecido produtivo máis competitivo.

As firmas que completen todo o programa recibirán o Selo de Empresa Responsabilízate, un recoñecemento autonómico pola seu bo labor. Trátase dunha iniciativa coa que se ofrece asesoramento gratuíto ás pemes, facéndolles unha diagnose inicial para ver os puntos fortes da empresa e onde dirixir a súa estratexia RSE con formación e un plan de acción. Con Responsabilízate, a Xunta tamén acompaña ás participantes na implantación de medidas de RSE na súa primeira fase.

Relacionadas

A Xunta destaca o seu apoio aos concellos na recollida diferencia de residuos e...

0
— A planta de transferencia de Curtis pertence á rede pública de infraestruturas, conformada por 17 instalacións repartidas por Galicia, na que o Executivo...

O DOG publica a contratación por réxime de concerto social do funcionamento do...

0
— O Goberno galego investirá 615.000 euros anuais ata 2028 na atención a adolescentes que cumpren medidas xudiciais en réxime aberto — Trátase dun incremento...

Un total de 40 centros de toda España darán a coñecer mañá exemplos de...

0
— Uns 300 profesionais asistirán a este encontro co obxectivo de reivindicar o papel do ensino rural na sociedade — A cita, que acollerá conferencias,...

A Xunta apoia o liderado feminino das altas directivas galegas

0
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta mañá na clausura da primeira edición do proxecto Real Impact Women, impulsado polo...

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

Publicacións Relacionadas