Home A Coruña Aberto o prazo para solicitar a instalación de postos no “Mercado de...

Aberto o prazo para solicitar a instalación de postos no “Mercado de Segunda Man”

- Anuncio -

O Concello abriu o prazo para solicitar a instalación de postos no “Mercado de Segunda Man” que se celebrará os días 10 e 11 de decembro no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes. Así o anunciou o concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego, que incidiu en que está prohibida a venda de artesanía, animais, produtos alimenticios ou bebidas, dirixíndose ademáis a convocatoria exclusivamente a particulares, non a comerciantes nin vendedores ambulantes.

Galego explicou que as solicitudes poderán formalizarse ata o 30 de novembro e indicou que se habilitarán un total de 70 postos, que se concederán por orde de solicitude. Os postos permanecerán abertos os dous días en horario de mañá, desde as 10.30 ata as 14.00 horas, e na tarde de 16.00 a 19.00 horas, tal e como avanzou Galego.

As solicitudes dos postos –as inscricións son de balde- deben formalizarse a través do Rexistro do Concello, por correo certificado ao Rexistro coa instancia de solicitude debidamente cumprimentada ou a través da Sede Electrónica do Concello no apartado Actividades.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Publicacións Relacionadas