Home Ourense Ourense reunirá a elite da halterofilia española este sábado coa disputa da...

Ourense reunirá a elite da halterofilia española este sábado coa disputa da Copa do Rei e da Copa da Raíña, nos Remedios

- Anuncio -

O Concello de Ourense colabora neste evento, que contará coa participación dos 12 mellores equipos españois nas dúas categorías, xunto co Club Halterofilia Ourense.

A cidade de Ourense reunirá esta fin de semana a elite da halterofilia española coa disputa da Copa do Rei e da Copa da Raíña 2022, no Pavillón Municipal dos Remedios. O Concello de Ourense colabora neste evento, que trae a cidade a mellor competición por equipos desta modalidade deportiva. Ata Ourense desprazaranse os 12 mellores equipos de halterofilia, nas categorías masculina e feminina de toda España, que previamente acadaron a s´ñua clasificación a través dun playoff. O sábado, 26 de novembro, desde as 9:00 horas, na cancha central dos Remedios, os levantadores e as levantadoras sumarán quilos e puntos para a clasificación dos seus equipos. Os equipos masculino e feminino de Ourense participarán tamén, aínda que fóra de competición, na súa condición de anfitrións do torneo.

Outro equipo galego, o Club Halterofilia Coruña é un dos favoritos, nun campionato no que tentará revalidar os títulos conseguidos o ano pasado en Oviedo. Na Copa do Rei participarán: Coruña e Ourense (Galicia), Escola Tinerfeña de Halterofilia e Arucas (Canarias), Halter Ejido (Andalucía), Madrid Gymnastic e Aranjuez (Madrid), Gandía (Valencia), Terrassa e Molins de Rei (Cataluña), Anaitasuna (Navarra), Olimpo Fenix (Melilla), e San Fernando (Andalucía)

Na Copa da Raíña: Os equipos A e B da Coruña, e o equipo de Ourense (Galicia), Escola Tinerfeña de Halterofilia (Canarias), Huelva 2013 (Andalucía), Madrid Gymnastic, Aranjuez e Halteromad (Madrid), Terrasa e Molins de Rei (Cataluña), A.D.U.S./C.D.U.S. de Castela León, e Gandía e Valencia (Valencia).

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa participación de...

0
80 alumnos e alumnas do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron coñecer mellor a través de xogos individuais e en grupo o tenis...

O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da...

Publicacións Relacionadas