Home O Ribeiro A Arnoia A Deputación inicia o programa “Ourense, a provincia termal dixital” coa incorporación...

A Deputación inicia o programa “Ourense, a provincia termal dixital” coa incorporación dos balnearios de Laias, Lobios, Arnoia, Cortegada e Partovia

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e os representantes das instalacións termais asinaron esta mañá o convenio que facilitará a contratación online e o lanzamento da oferta de servizos termais na provincia

Estes balnearios ourensáns -todos os que contan con piscinas mineromedicinais termais- inician “unha nova etapa na excelencia do termalismo ourensán, onde á calidade das súas augas engádese unha nova fórmula de atención ao usuario”, destacou o presidente da Deputación

Manuel Baltar define este acordo como “unha foto fixa da colaboración público-privada” que “abre as portas a novas oportunidades para deseñar, por exemplo, bonos dixitais ou asociarse para lanzar ofertas específicas”

O acto de sinatura celebrouse no balneario de Berán, onde a Deputación inviste 400.000 euros para a súa posta a punto, “o que suporá incorporar unha nova infraestrutura, con augas mineromedicinais de excelente calidade, á oferta balnearia da provincia”, adiantou Manuel Baltar

A este acordo iranse sumando o resto de balnearios ourensáns: as previsións sitúan no primeiro trimestre de 2023 o prazo para que todos dispoñan xa dalgunha oferta dixital

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asinou esta mañá o convenio “Ourense, a provincia termal dixital” cos responsables dos balnearios de Laias, Lobios, Arnoia, Cortegada e Partovia: Javier Soto -polos tres primeiros, do Grupo Caldaria-; Cristina Álvarez e Carlos Garrido, que estivo acompañado por Eva Álvarez. Este acto entre a Deputación e os cinco balnearios ourensáns dotados actualmente con piscinas mineromedicinais termais supón a posta en marcha dunha iniciativa á que se irán sumando novos establecementos e que permitirá dixitalizar a oferta de servizos termais na provincia, facilitando aos usuarios a contratación dos mesmos a través das novas tecnoloxías.

O acto de sinatura do acordo celebrouse no balneario de Berán, onde a Deputación está a realizar un investimento de 400.000 euros para a súa posta a punto, “o que suporá incorporar unha nova infraestrutura, con augas mineromedicinais de excelente calidade, á oferta balnearia da provincia”, adiantou Manuel Baltar.

O balneario de Berán, remarcou, tamén formará parte no seu momento deste programa de dixitalización, para “converter a Ourense nunha provincia termal dixital, con capacidade para ofrecer a calquera usuario, desde calquera lugar, desde calquera dispositivo e a través de medios de pago actuais as ofertas balnearias dos nosos establecementos, comezando polos que hoxe están aquí representados”.

A sinatura deste convenio, “unha foto fixa da colaboración público-privada”, valorou Manuel Baltar, “abre as portas a novas oportunidades para deseñar, por exemplo, bonos dixitais ou asociarse para lanzar ofertas específicas”. Novas liñas de promoción “nas que non só sumamos, senón que multiplicamos, poñéndonos desde a Deputación a disposición do sector e seguir sendo de utilidade no seu desenvolvemento”.

Laias, Lobios, Arnoia, Cortegada e Partovia, sinalou o presidente do goberno provincial, “inician unha nova etapa na excelencia do termalismo ourensán, onde á calidade das súas augas engádese unha nova fórmula de atención ao usuario”. Este feito, xunto á próxima apertura do balneario de Berán e a proximidade en tempo á capital do Estado pola alta velocidade, veranse reforzados, lembrou Manuel Baltar, “polo importante motor que suporá o gran hotel balneario que imos construír no Pazo Provincial, unha infraestrutura de referencia en Europa que non só será un elemento tractor da cidade, senón do termalismo en toda a provincia”.

Nova experiencia de compra para o cliente e aumento das opcións de venda

O programa que vén de implantar a Deputación permitirá crear un canal dixital para promocionar a oferta de servizos termais, xerando unha nova experiencia de compra para o cliente e aumentando as opcións de venda. Este canal facilitará a reserva e o pagamento as 24 horas do día durante todo o ano, a través do móbil, desde calquera lugar e mediante a aplicación Bizum. A dixitalización baséase en códigos QR que acreditan a reserva e mailo pagamento, sendo escaneados nos propios balnearios á chegada do usuario. Xunto coa contratación online, este novo sistema tamén abre novas oportunidades de fidelización aos centros termais, que poderán comunicar ofertas especiais, promocións e novos programas.

Coa sinatura destes convenios, a Deputación de Ourense e os balnearios conseguirán que en decembro xa estean dispoñibles algunhas ofertas de tratamentos e servizos de xeito dixital. Nunha primeira fase inclúense os balnearios ourensáns que contan con piscinas mineromedicinais termais, cinco dos sete da provincia, e nun segundo momento incorporaranse o resto. As previsións sitúan no primeiro trimestre de 2023 o prazo para que todos os balnearios dispoñan xa dalgunha oferta dixital

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

A Deputación e o Concello de Sanxenxo analizan proxectos en marcha e novas actuacións...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e confirmou o compromiso da institución provincial para dar impulso...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese coa alcaldesa de Moaña para analizar...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, e outros membros...

O deputado provincial Javier Tourís reúnese coas responsables da Feira Etiqueta Negra

0
O deputado delegado da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Javier Tourís, mantivo esta mañá unha reunión coas organizadoras da oitava edición da feira de produto...

Publicacións Relacionadas