HomePontevedraO SalnésA Área santaria de Pontevedra e O Salnés garante a cobertura médica...

A Área santaria de Pontevedra e O Salnés garante a cobertura médica de atención primaria no concello de Moraña

- Anuncio -spot_img
  • O novo facultativo que se incorpora maña pola tarde desenvolverá a súa actividade no centro de saúde a partires da vindeira semana en horario de 8 a 15 horas de luns a venres, complementando a atención que se presta con Enfermaría, PSX e a atención pediátrica con referencia no centro de saúde de Caldas de Reis
  • A disponibilidade operativa de Atención Primaria en Moraña dos tres facultativos ten nestes intres provisionalmente a un deles de baixa, outro dos médicos no seu período regulado vacacional ata o vindeiro 9 de decembro e o terceiro médico en activo desde mañá venres pola tarde

A Àrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés garante a cobertura médica de Atención Primaria no Concello de Moraña. Tras efectuar xestións administrativas e de planificación, incorporará mañá venres pola tarde un facultativo máis á actual dotación de Atención Primaria no Concello de Moraña, que pasará a contar cun cadro de tres efectivos de Medicina Familiar e Comunitaria.

O novo facultativo que se incorpora maña pola tarde en Moraña desenvolverá a súa actividade asistencial no centro de saúde desta localidade a partires da vindeira semana en horario de 8 a 15 horas de luns a venres, complementando a atención de Enfermaría, PSX e a atención pediátrica con referencia no centro de saúde de Caldas de Reis.

A disponibilidade operativa de Atención Primaria en Moraña destes tres facultativos ten nestes intres provisionalmente a un deles de baixa, outro dos médicos no seu período regulado vacacional ata o vindeiro 9 de decembro e o terceiro médico en activo desde mañá venres pola tarde.

Asistencia con renovados criterios de calidade
Dada a vantaxe que supón a integración dun novo facultativo nesta localidade á dotación de Atención Primaria, a Administración Sanitaria Pública galega potencia así as súas liñas estratéxicas de actuación asistencial no Concello morañense, plantexadas con renovados criterios de calidade.

Neste senso, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés lembra que efectúa auditorías e controis periódicos da súa dotación, infraestrutura e necesidades na súa área de influencia. Nesa liña, cómpre lembrar os 220.000 euros consignados pola Xunta de Galicia nos orzamentos deste ano para ampliar a superficie do centro de saúde de Moraña, que pasará dos preto de 400 m² actuais ao redor de 1.000 m² -cunha nova consulta de medicina xeral, unha nova consulta de docencia para os residentes, unha sala polivalente e outra de técnicas no andar principal-.

Publicacións Relacionadas