Home A Coruña Cabanas acollerá desde o venres a exposición “Rostros da Memoria” ShareTweetGoogle++

Cabanas acollerá desde o venres a exposición “Rostros da Memoria” ShareTweetGoogle++

- Anuncio -

A Avenida do Areal acollerá a exposición “Rostros da Memoria. Ferrol 1972”, promovida pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol coa colaboración das asociacións culturais Fuco Buxán, Memoria Histórica Democrática e Memoria e Dignidade.

O acto de inauguración celebrarse o venres 25 de novembro ás 16.00h, e nel participará Xurxo Lobato, comisario da exposición, ademais de representantes das entidades promotoras. A partir dese momento, poderá visitarse até o 8 de decembro.

A través da mostra, Xurxo Lobato rende homenaxe ás persoas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras de Ferrol do ano 1972, que aínda están vivas e son merecedoras dun recoñecemento público.

Son 28 retratos realizados en branco e negro, de primeiro plano, onde se busca que a expresión do rostro co paso do tempo exprese a dor recordado pola represión, nun estilo sobrio, austero, minimalista e expresionista.

As persoas protagonistas desta mostra son Rafael Pillado, José Villar Vergara “Pepolo”, Francisco Rodríguez Sánchez, Anxo Ferreiras Currás, Suso Díaz, Ignacio Fernández Toxo, Irene Piñeiro López, Antonio Mesejo, José Luis Miraz “Pepe Julio”, Fina Piñón Seoane, Divina García Ferreño, Encarna Puentes García, Ramiro Tenreiro Pena, Manuel Díaz Montero, Fermín Goiriz Díaz, Ramiro Romero López, Fina Varela Fontán, José Loureiro Fernández, Xan María Castro, Alfonso Tellado, Evaristo Vidal Barros, José Torregrosa, Alfonso Couce Testa, Sari Alabau, Joaquín Rodríguez Castro, Raúl Pillado, Ricardo Aneiros Sixto e Antonio Martínez Aneiros.

Relacionadas

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á...

O Concello mantén as súas tres bandeiras azuis, traballa na potenciación dos seus servizos...

0
 “O equipo de goberno do Concello de Ponteceso agradece esta boa valoración, pero non se conforma”, sinala o alcalde  Niñóns, que non dispón...

Hércules de Edicións publica “Noites confinadas”: unha viaxe estética e reflexiva pola natureza e...

0
· A visión conxunta de Chema Mesías, Ilduara Penas Antelo e David Catá: unha chamada á conciencia e a acción por un futuro sostible. ·...

Grande éxito das Olimpíadas Científicas no Colexio Luis Seoane

0
O CEIP Luis Seone celebrou esta mañá unhas Olimpíadas Científicas para conmemorar o Día da Ciencia. O alumnado amosou os proxectos científicos que desenvolveron...

Laxe contará un ano máis cunha Bandeira Azul na súa praia urbana

0
• A Adeac anunciou hoxe os areais que contan con este distintivo, entre os que se encontra a Praia de Laxe • Desde o Concello...

Publicacións Relacionadas