Home A Coruña A Xunta colaborará na próxima edición do Rally da Auga que percorrerá...

A Xunta colaborará na próxima edición do Rally da Auga que percorrerá os concellos da Comarca de Ordes ao mudar de localización ata 2025

- Anuncio -

― O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, participou na presentación desta proba que puntúa para a Copa de España de Rallys de Terra

― Destacou a importancia da competición na promoción dos concellos que atravesa e de Galicia como destino preferente para o turismo deportivo

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, participou esta mañá na presentación do Rally da Auga que acollerá a comarca de Ordes o próximo ano. A proba, que puntúa para a Copa de España de Rallys de Terra, muda de localización e despois de celebrarse desde 2017 na comarca de Arzúa trasladarase nos tres próximos anos á comarca de Ordes. Por iso, ata 2025 percorrerá os concellos de Ordes, Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia e Trazo.

A comarca de Ordes converterase no epicentro do motor mantendo a súa esencia con tramos duros e espectaculares. A Xunta colabora na organización deste evento e, nesta liña, Diego Calvo, puxo en valor o traballo dos organizadores, xunto coa implicación das institucións, dos patrocinadores e tamén das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias para garantir un espectáculo seguro. Ademais, a participación de pilotos e copilotos de referencia -asegurou- contribuirá a que este rally se converta nun polo de atracción turística durante as xornadas de competición.

O vicepresidente segundo da Xunta incidiu no compromiso do Goberno galego co deporte de motor a través de distintas liñas de axudas e no peso que ten Galicia no automobilismo español ao acoller varias probas do calendario nacional, tanto en terra como este Rally da Auga, como en asfalto.
O Goberno galego incide na capacidade da carreira para axudar a transmitir os valores do deporte do motor e, ao mesmo tempo, situar Galicia como destino preferente para o turismo deportivo acollendo eventos de primeiro nivel. Deste xeito, o rally da Auga contribuirá á promoción turística dos concellos que atravesa e unha importante fonte de ingresos ao atraer a turistas e afeccionados ao deporte.
Diego Calvo engadiu que o deporte funciona como polo de atracción turística e probas como este rally, que se vén celebrando de forma ininterrompida desde 2014, constatan que a unión entre o deporte e o turismo é unha combinación gañadora. Como asegurou hoxe na presentación do evento o vicepresidente segundo, o rally da Auga será un escaparate perfecto para dar a coñecer a comarca de Ordes. “Galicia ten as mellores paisaxes de fondo para competicións deportivas de todas as disciplinas como desfrutar do mellor automobilismo”, sinalou.

Relacionadas

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare para as...

0
— Os centros poden solicitar ata o 10 de xuño sumarse a este programa, que se realiza fóra do horario lectivo en catro niveis...

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras...

0
Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras,...

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica...

0
― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr ― Estas tarefas forman parte do...

Publicacións Relacionadas