A produción fusiona circo, danza e maxia nunha vistosa posta en escea, que reúne a un total de 15 artistas
O Auditorio Municipal de Ourense acollerá o xoves, 29 de decembro “Orixe”, ás 19:00 horas, “Orixe”, da compañía de Pablo Méndez. Trátase do nova produción da prestixiosa compañía, recoñecida como una das máis prestixiosas de performances de España. Presenta en exclusiva para o Concello de Ourense unha espectacular montaxe cun elenco formado por 15 artistas entre os que se atopan acróbatas, actores, bailaríns, magos… que farán as delicias do público familiar. As entradas, desde 5 euros, pódense adquirir xa a través da páxina web de Ataquilla
Explica a compañía que “en tempos remotos, na idade da sabiduría, da luz, da maxia dos elementos e do amor e respecto pola natureza, as almas humanas debían experimentar unha viaxe vivindo as súas vidas en tempos e épocas diferentes, igual que fai a natureza coas súas estacións e cambios. É precisamente este legado celta o que dá orixe a esta historia dunha alma humana que é purificada a través da natureza e do paso polas súas estacións, completando así o ciclo da vida”
A compañía de Pablo Méndez repite así no Nadal de Ourense, logo de representar o pasado 2021 a obra “Quimera”, cun grande éxito de público. Pablo Méndez, que tamén realizou a exitosa animación do pasado Samaín 2022 da cidade, protagoniza tamén estes días un dos espectáculos do Nadal de Madrid. Do 25 de novembro até o 8 de xaneiro representa o espectáculo Manantial dos Soños – A Orixe do Nadal no Real Jardín Botánico Alfonso XIII, un evento no que acrobacias, patinaxe, baile e maxia se fusionan nunha espectacular obra para desfrutar en familia.



