Home Ourense O Pereiro de Aguiar O Concello licitará en breve a mellora da conexión de Ourense con...

O Concello licitará en breve a mellora da conexión de Ourense con Pereiro por Montealegre, cun investimento de 700.000€

- Anuncio -
  • O alcalde de Ourense reuniuse co do Pereiro de Aguiar
  • O prego dos autobuses da cidade deixará aberta a posibilidade de mellorar as comunicación entre os dous municipios

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome reuniuse esta mañá co alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, para tratar diferentes proxectos que redundará nunha mellora das comunicacións entre os dous municipios. Por unha banda, Pérez Jácome anuncioulle que o Concello de Ourense licitará en breve as obras de mellora das comunicacións entre a cidade, na contorna do Auditorio, e o municipio veciño, a través de Montealegre. Unha obra que prestará servizo á veciñanza dos dous municipios.
Tamén lle avanzou que o prego do concurso que convocará o Concello para adxudicar a xestión do servizo de autobuses urbanos deixará aberta a posibilidade de que a Xunta de Galicia autorice prestar un servizo metropolitano. De ser así, Ourense e O Pereiro poderían mellorar as súas comunicacións ampliando as rutas do servizo municipal, de xeito os autobuses de Ourense cheguen até localizacións como A Derrasa, O Pereiro ou Complexo deportivo de Monterrei. Na xuntanza tamén participaron o tenente de alcalde, Armando Ojea e o concelleiro do Pereiro Francisco González.

Relacionadas

A Deputación e Ourense prioriza en 2024 os proxectos sociais de atención a mulleres...

0
O grupo de goberno provincial abordou un redeseño do modelo de convocatorias de axudas da Deputación a proxectos sociais O programa de apoio para mulleres...

O concelleiro de Deportes recibe o Campus Ourense Rugby, que recentemente acadou o título...

0
O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiu esta mañá no Concello o equipo Campus Ourense Rubgy, que acadou recentemente o título de campión da...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao...

0
A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao tráfico desde mañá, martes, 7 de maio, até o venres,...

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e...

0
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide....

A Deputación dedica o seu “8 de maio” á muller artesá, representada por Inés...

0
Inés Rodríguez agradeceu esta iniciativa que “contribúe a dar visibilidade ao traballo da muller no medio rural, especialmente nas profesións culturais e creativas, poñendo...

Publicacións Relacionadas