Home A Coruña O Chanfaina Lab, recoñecido co XI Premio Especial José Sellier da Academia...

O Chanfaina Lab, recoñecido co XI Premio Especial José Sellier da Academia Galega do Audiovisual

- Anuncio -

O Concello recollerá o galardón o próximo sábado nunha gala que se celebrará ás 20:00h no Teatro Colón da Coruña

A Academia Galega do Audiovisual anunciou hoxe a concesión do XI Premio Especial José Sellier ao Chanfaina Lab, un proxecto de creación audiovisual colectiva que se celebra no noso concello. A Academia quere recoñecer unha iniciativa “que fomenta a liberdade creativa e favorece a convivencia, unindo a cineastas de calquera idade, xénero, procedencia ou traxectoria para compartir experiencias arredor da obra cinematográfica. Unha proposta que reinvindica a súa alma rural e o seu espírito comunitario, sendo quen de implicar a veciñas e veciños e de inspirar as vocacións de novas xeracións de cineastas.”

O Chanfaina Lab convida a creadores audiovisuais a gravar no concello de San Sadurniño unha curtametraxe durante unha fin de semana con total liberdade temática e estilística, con San Sadurniño como referente. No mes de febreiro os filmes son proxectados nun acto público coa asistencia dos autores e a veciñanza do concello. A convivencia de cineastas locais de diferentes idades e procedencias con outros de traxectorias consolidadas enriquece unha proposta que se fundamenta no respecto polo territorio.

Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia Galega do Audiovisual, destacou este vínculo con San Sadurniño: “o Chanfaina Lab é imprescindible porque pon o foco no territorio, que debera ser un protagonista máis no audiovisual que producimos aquí. Aposta ademais por unha mirada ampla sobre o talento, contando con creadores de diferentes idades e experiencias” ao tempo que definía á iniciativa galardoada co XI Premio Sellier como “todo un exemplo de como debemos comportarnos como sector.”

O alcalde, Secundino García, felicitouse esta mañá pola noticia, cualificando o premio como “un recoñecemento ao esforzo que facemos desde San Sadurniño, un concello pequeno, por promover a creación e apoiar o audiovisual galego”.

O alcalde destacou ademais “o formato único e orixinal” do encontro audiovisual que, segundo dixo, “é capaz de xuntar nun mesmo espazo e nun mesmo tempo a creadoras e creadores reputados con cineastas locais que fan curtas por afección, teñan ou non coñecemento previo, compartindo proxecto sen distincións e aprendendo unhas persoas das outras. O noso Chanfaina é nese sentido un encontro audiovisual moi democrático, e iso tamén se traduce na grande calidade das pezas producidas e nunha traxectoria xa consolidada e de referencia”.

O premio Sellier é un galardón que outorga a Academia Galega do Audiovisual para premiar o labor de iniciativas salientables dentro do sector audiovisual; debe o seu nome ao pioneiro do cinema José Sellier Loup, quen, en maio de 1897 filmou, na Coruña, as primeiras películas rodadas en España con cámara Lumière.

A entrega de premios terá lugar este sábado 3 de decembro ás 20:00 horas no Teatro Colón da Coruña e contará coa presenza de Alfredo e Marta Sellier, descendentes do pioneiro da cinematografía, que serán os encargados de entregar ao Chanfaina Lab un trofeo deseñado polo artesán coruñés Teodoro Castro, que reproduce a cámara Lumiere coa que José Sellier gravou aquelas primeiras imaxes da vida cotiá na cidade da Coruña.

O Premio Especial José Sellier é unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual, que conta co apoio do Concello da Coruña.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas