Home A Coruña A Xunta destina máis de 30.000€ a mellorar a fachada da Casa...

A Xunta destina máis de 30.000€ a mellorar a fachada da Casa do Concello de Santiso e a renovar o Palco da Música de San Román

- Anuncio -

— Enrique de Salvador subliña que ademais das dúas subvencións outorgadas ao Concello, a Consellería axudará tamén a seis veciños do municipio a intervir nas súas vivendas e bens inmobles co obxectivo de mellorar a súa imaxe e aspecto exterior


— No caso da provincia da Coruña foron nove as entidades locais que se beneficiaron este ano da liña de incentivos impulsada polo IET para fomentar o fermosismo

A Xunta de Galicia contribuíu a financiar con algo máis de 30.000 euros as actuacións de limpeza e mellora acometidas na fachada da Casa do Concello de Santiso e a renovación do palco de música de San Román. A achega da Xunta realizouse a través de dúas axudas concedidas este ano polo Instituto de Estudos do Territorio (IET) para contribuír á corrección de impactos paisaxísticos en edificios e dependencias destinadas a servizos municipais (liña I) ou en bens de carácter etnográfico que formen parte do patrimonio local e outro tipo de construcións (liña II).

Así o avanzou esta mañá o director do IET, Enrique de Salvador, no marco dunha visita realizada ao municipio para coñecer sobre o terreo o resultado dos traballos acometidos polo Goberno local tanto na fachada do edificio consistorial como no palco da música.

Acompañado polo rexedor, Enrique de Salvador explicou que o Goberno local recibiu unha subvención da Xunta de 16.321 euros destinada a renovar o palco da parroquia de San Román a través dunha intervención sobre a súa estrutura co fin de devolverlle parte do aspecto orixinal. A tal fin, substituíuse o soporte da cuberta por un novo de madeira laminada e revestiuse a base cun chapado de pezas de granito silvestre pulido, incorporando tamén unha varanda de ferro forxado e barrotes verticais.

Así mesmo, o IET tamén lle concedeu a Santiso unha segunda axuda por importe de 14.134,27 euros para renovar a imaxe exterior da Casa do Concello, unha achega que se investiu na limpeza e posterior repintado da fachada principal e na demolición do chapado de pedra da parte baixa do paramento exterior, actuacións que permitiron mellorar de forma notable o aspecto da sede do Goberno municipal.

Cómpre lembrar que no marco da convocatoria de 2022 das axudas para a corrección de impactos paisaxísticos en edificios, dependencias municipais e bens de interese etnográfico que forman parte do patrimonio local a Xunta concedeu un total de 53 subvencións a 42 municipios por un importe global de 800.000 euros. No caso concreto da provincia da Coruña foron nove as entidades locais que se beneficiaron este ano da liña de incentivos posta en marcha pola Xunta en 2021.

Así mesmo, o director do IET explicou que Santiso foi un dos 11 concellos galegos que recibiron en 2022 dúas axudas, unha por cada liña prevista na convocatoria. Ademais, avanzou que seis veciños do municipio tamén se beneficiaron doutras tantas subvencións por un importe de case 17.500 euros e destinadas, neste caso, a facilitar as intervencións de mellora sobre vivendas e bens inmobles de titularidade privada.

Para concluír, o director do IET ratificou o compromiso do Goberno galego co fomento do fermosismo en Galicia, implicando tanto a cidadáns como a administracións locais no obxectivo común de reducir o impacto que causan sobre a contorna natural e urbana determinados edificios e construcións. Por ese motivo, salientou que en 2023 e por terceiro ano consecutivo se volverán a convocar ambas liñas de axudas.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas