HomeOurenseO Concello mellorará o equipamento do servizo de bombeiros coa adquisición dun...

O Concello mellorará o equipamento do servizo de bombeiros coa adquisición dun vehículo autobomba urbana lixeira

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar a subministración desta nova unidade, á que destinará un orzamento de 471.000 euros

O Concello de Ourense mellorará o equipamento do servizo de bombeiros coa adquisición dun novo vehículo. A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar a subministración dunha autobomba urbana lixeira, cun orzamento de licitación de 471.770,53 euros. Na súa sesión desta mañá, celebrada no salón de plenos, tratáronse un total de 21 asuntos, presentados polos diferentes servizos municipais

Licenzas (6)

Conceder licenza para o proxecto básico e de execución de instalación de ascensor nun edificio de vivendas na rúa Pena Redonda.
Conceder licenza de obra de mellora nas condicións de accesibilidade nun edificio na rúa Galicia, mediante a reforma das escaleiras e do oco existente para instalar un novo ascensor.
Conceder licenza de obra de mellora nas condicións de accesibilidade mediante a instalación dun ascensor nun edificio na rúa Cardenal Quevedo.
Conceder licenza de obra de adaptación e cambio de uso de local a garaxe nun edificio da rúa Arco.
Conceder licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de construción dun edificio de 12 vivendas, garaxe e local comercial na rúa Bedoya.
Conceder á Consellería de Políticas Sociais da Xunta de Galicia licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución para a modificación da cuberta e a mellora de envolvente térmica na fachada da Escola Infantil “Antela”, na rúa Ervedelo, cun orzamento de 379.653,96 Euros

Patrimonio (4)

Estimar unha solicitude de desistimento nunha reclamación de responsabilidade patrimonial.
De acordo co Consello Consultivo de Galicia, desestimar a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por unha veciña por lesións sufridas por unha caída na rúa Santo Domingo, xa que non concorren os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización.
Desestimar a solicitude presentada por un particular e non aceptar unha doazón de parcelas en Castro de Beiro.
Desestimar a reclamación presentada por unha particular polas lesións sufridas como consecuencia dunha caída no parque do Couto, por non ser o Concello de Ourense a Administración competente para resolvela, e remitir as actuacións á Axencia Galega de Infraestruturas.

Contratación (1)

Aprobar o expediente para contratar a subministración dun vehículo autobomba urbana lixeira (B.U.L.) para o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Ourense, coa correspondente aprobación das cláusulas administrativas e técnicas, cun orzamento de licitación 471.770,53 €, IVE engadido. Disponse tamén a apertura do procedemento de adxudicación, mediante procedemento aberto

Asuntos sociais (1)

Aprobar e dispoñer o gasto de 2.566,50 euros, polo alugueiro dun local na rúa Francisco de Moure, correspondentes a 3 mensualidades.

Persoal e Recursos Humanos (1)

Aprobar a Oferta de Emprego Público de prazas de promoción interna correspondente ao exercicio 2022, integrada por un total de 54 prazas reservadas para promoción interna vertical, das que 19 son da escala de Administración Xeral, 29 da escala de Administración Especial, 3 do Corpo da Policía Local e 3 do Servizo de Extinción de Incendios e Emerxencias. A oferta de emprego publicarase no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ourense, no Boletín Oficial da Provincia, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado.

Avogacía Consistorial (8)

4 sentenzas dos xulgados do Contencioso-Administrativo número 1 e 2 de Ourense que estiman en parte recursos presentados por bombeiros municipais, e lles recoñece o dereito á remuneración dos pluses de festividade e nocturnidade correspondentes ás pagas extraordinarias
Sentenza do Xulgado do Contencioso número 1, que estima o recurso dun policía local e recoñécelle o dereito a percibir o abono de pluses, diferencia de paga extra e retribucións complementarias correspondentes ao tempo durante o que realizou prácticas na Policía Local de Ourense.
Desestimar un recurso contencioso-administrativo no ámbito laboral presentado por un traballador do Concello.
Ademais, a xunta local foi informada de que o Concello deberá comparecer diante dos Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 e 2 de Ourense, en senllos procedementos abreviados en materia de reclamación de responsabilidade patrimonial por parte de dous particulares por caídas na rúa.

Publicacións Relacionadas