Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán ofrece este domingo o concerto de música tradicional...

O concello de Nigrán ofrece este domingo o concerto de música tradicional “De Tapas” a cargo da Fundación Igualarte

- Anuncio -

Será ás 12:00 horas no Auditorio Municipal con entrada de balde.

Adicionalmente, o Concello abre o formulario web de inscrición para o obradoiro de primeira infancia o sábado 17 de decembro

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 4 de decembro ás 12:00 horas no Auditorio Municipal o concerto de música tradicional de ‘De Tapas’ a cargo da Fundación Igualarte. A entrada é de balde ata completarse o aforo. A formación, composta por 6 músicos, ofrece un repertorio baseado na música tradicional galega, aínda que engaden outras sonoridades e cores musicais, ademais, ofrecen temas propios onde o proceso creativo é fundamental.

Igualmente, o Concello abre a inscrición para o obradoiro de experimentación e uso dos sentidos para primeira infancia o sábado 17 de decembro na Biblioteca Municipal de Nigrán. Este está dirixido a bebés de ata 2 anos (horario de 17:00 a 18:00) e crianzas de 3 a 5 anos (de 18:30 a 19:30). É só para empadroados e poderá participar só un dos titores, estando as prazas limitadas a 10 parellas (filla/a e titor/a). A inscrición debe realizarse no formulario web pendurado en www.nigran.es.

Estas actividades forman parte do convenio de 5.000 € do Concello de Nigrán coa Fundación Igualarte. O seguinte obradoiro é o de pasta de sal o 28 de novembro e o de cociña o 30 de novembro (ambos no CEIP Humberto Juanes de 17:30 horas a 19:00 para crianzas de 5 a 8 anos e de 19:00 a 20:30 para nenos e nenas de 9 a 12 anos) en quendas de 15/20 minutos segundo orde de chegada. Finalmente, para o obradoiro de primeira infancia (Biblioteca, 17 de decembro- bebés de ata 2 anos ás 17:00 e crianzas de 2 a 5 anos ás 18:30 horas) é imprescindible inscrición previa no formulario web que no mes de decembro se habilitará en www.nigran.es, estando destinado só a crianzas empadroadas.

A Fundación Igualarte, con sede en Vigo, loita pola integración das persoas con diversidade funcional no campo artístico e o desenvolvemento das súas competencias creativas e expresivas, sendo a única de España adicada ao desenvolvemento artístico destas persoas.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas